spot_img
InicioO SalnésArousaA Deputación de Pontevedra achega a Vilagarcía de Arousa a figura...

A Deputación de Pontevedra achega a Vilagarcía de Arousa a figura do pioneiro do cinema galego, José Gil

o-ciclo-da-deputacion-jose-gil-pontevedra-provincia-de-cine-na-orixe-do-cinema-chega-esta-fin-de-semana-a-vigo

Este xoves 30 de novembro e o sábado 2 de decembro, o concello acollerá proxeccións, a presentación dun libro e visitas guiadas dentro do programa que desenvolve a institución provincial xunto a Vía Láctea Films, Cine na Rúa e a Editorial Galaxia

Revista Cousas De Nº19

A Deputación de Pontevedra leva esta semana a Vilagarcía de Arousa o proxecto que desenvolve xunto a Vía Láctea Films, Cine na Rúa e a Editorial Galaxia para poñer en valor a figura de José Gil (1870-1937), pioneiro do cinema galego, e que neste 2023 está a chegar a trinta concellos da provincia. As actividades desenvolveranse este xoves 30 de novembro e o sábado 2 de decembro na cidade arousá e inclúen proxeccións, visitas guiadas polo seu cinemóbil, a presentación dun libro e unha actuación musical.

Na xornada de xoves 30 de novembro, terá lugar entre as 10:00 e as 13:30 horas unha programación para alumnado da vila que inclúe a proxección no Auditorio Municipal das películas que reproducía José Gil no seu cine Royalty de Ponteareas nos anos 20. Ademais o alumnado terá a ocasión de participar nunha visita guiada por Manolo González e Ignacio Vilar ao Cinemóbil3 de José Gil.

O sábado 2 de decembro a partir das 10:00 horas, na Praza da II República, haberá novamente visitas guiadas ao Cinemóbil3 e a presentación do libro “Nos días encantados de agosto” elaborado por Manolo González sobre a figura de José Gil. Ademais, entre as 13:00 e as 14:00 horas haberá unha sesión vermú no Auditorio Municipal coa actuación da Banda de Música de Vilagarcía de Arousa. Na xornada de tarde, de 17:00 a 20:00 horas, continuarán as visitas guiadas ao cinemóbil na Praza da II República e de 20:00 a 21:30 horas un ciclo de proxeccións no Auditorio Municipal.

O proxecto multidisciplinar “José Gil. Pontevedra, provincia de cine. Na orixe do cinema” está a aglutinar presentacións, exposicións, proxeccións, concertos e múltiples actividades ata o 3 de decembro nun total de 30 concellos para difundir e por en valor a figura e obra do considerado iniciador do cinema en Galicia. A programación comezou no seu concello de orixe, As Neves, e xa pasou por Cuntis, Cambados, A Guarda, Caldas, Mondariz, Covelo, Poio, Redondela, Baiona, Gondomar, Nigrán, Arbo, Mondariz-Balneario, Soutomaior, O Porriño, Bueu, Cangas, Pontecesures, Lalín, Sanxenxo, Pontevedra, Marín, Vigo, O Grove e Salvaterra de Miño, Tui e Moaña. Despois de Vilagarcía o programa rematará este domingo en Ponteareas.

José Gil e Vilagarcía de Arousa

O ferrocarril ou o balneario de Vilagarcía foron o reflexo do turismo de Galicia e fonte de interese de José Gil como exemplos de modernidade, sendo escenarios dalgúns dos seus filmes. Nas súas gravacións tamén quedou constancia da súa preocupación pola emigración galega a través da figura de Luís García-Reboredo como consignatario das Compañías Lloyd Norte Alemán de Bremen e Lloyd Real Holandés de Amsterdam. Ademais o Cinemóvil Nª 2 tamén recalou en Vilagarcía onde estivo entre os días 3 e o 5 de novembro de 1929.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.