spot_img
InicioAlto MinhoO AECT Rio Minho acolleu un workshop da OCDE sobre gobernanza transfronteiriza...

O AECT Rio Minho acolleu un workshop da OCDE sobre gobernanza transfronteiriza no marco do proxecto piloto “Building More Resilient Cross-border Regions”

o-aect-rio-minho-acolleu-un-workshop-da-ocde-sobre-gobernanza-transfronteiriza-no-marco-do-proxecto-piloto-building-more-resilient-cross-border-regionsO evento celebrouse este luns en Valença e contou coa participación de 33 representantes de concellos, institucións e técnicos do territorio

Revista Cousas De Nº19

O AECT Rio Minho, na súa sede en Valença, acolleu este luns 27 de novembro un workshop promovido pola OCDE (Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico), e pola DGRegio, da Comisión Europea, sobre gobernanza transfronteiriza.

A xornada consistiu en abordar, en grupos de traballo conxunto, as fortalezas, desafíos, ameazas e oportunidades do AECT Rio Minho, creando un análise da súa actuación no territorio e propostas de actividades futuras. Entre elas, destacou unha maior aposta pola comunicación externa e interna, a posibilidade dos concellos que forman parte do AECT Rio Minho podan atopar financiamento para as súas accións e a creación dun foro de debate ou grupo de traballo conxunto con técnicos especializados neste ámbito para fomentar a identidade cultural conxunta.

- Publicidade -spot_img