spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraA Deputación dá inicio á intervención para a retirada de plantas das...

A Deputación dá inicio á intervención para a retirada de plantas das ábsidas das Ruínas de San Domingos

a-deputacion-da-inicio-a-intervencion-para-a-retirada-de-plantas-das-absidas-das-ruinas-de-san-domingos
@Rafa Domínguez, Vicepresidente da deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de instalar os andamios para executar a actuación de retirada de plantas das ábsidas das Ruínas de San Domingos.

Revista Cousas De Nº22

Está previsto que os traballos, salvo imprevistos, estean rematados esta mesma semana e permitan erradicar as plantas superiores que se atopan no recinto e supoñen un risco para a integridade do ben. A actuación completarase coa eliminación da sucidade superficial do recinto e coa colocación de morteiro onde se retiren os elementos vexetais.

En liñas xerais as plantas das ábsidas, repisas de cimacios e arranques de bóvedas eliminarase realizando tesoiras de poda, escalpelos, bisturís e paos de hisopo de diferente groso, acentuando o coidado nas zonas máis sensibles como arestas vivas ou desplacamentos, co fin de extraer as raíces e terra das xuntas.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Ademais, trala retirada das plantas, taparanse os ocos e selaranse as xuntas onde estaban asentadas con morteiro de cal hidráulica entoada con pigmentos inorgánicos. Tamén se aproveitará a intervención para eliminar a sucidade superficial, con limpeza en seco.

- Publicidade -spot_img