Inicio Galicia A Conselleria de Cultura financia actuacións arqueolóxicas promovidas por particulares

A Conselleria de Cultura financia actuacións arqueolóxicas promovidas por particulares

arqueoloxía

A convocatoria publícase no Diario Oficial de Galicia e os interesados dispoñen dun mes de prazo para formalizar as solicitudes

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar un ano máis as axudas para o financiamento de intervencións arqueolóxicas promovidas por particulares, dotadas cunha contía de 50.000 euros.

Estas axudas, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, están destinadas aos promotores particulares -ben sexan persoas físicas ou xurídicas- que realicen obras que afecten a un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados. É requisito indispensable que a Consellería ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar ditas intervencións, e que os controis arqueolóxicos estean debidamente autorizados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Trátase dunha convocatoria en concorrencia non competitiva, é dicir, que serán admitidas todas as solicitudes que cumpran cos requisitos esixidos ata esgotar o crédito existente. Entre eles, as actuacións deben ser conformes aos proxectos arqueolóxicos presentados; deben estar autorizadas e realizadas desde o ano 2014 en diante e teñen que estar xa finalizadas. Ademais, é necesario acreditar a presentación e entrega dos correspondentes informes valorativos ou das memorias técnicas, entre outros.

Non obstante quedan excluídas desta orde de subvencións as actividades derivadas das medidas protectoras e correctoras establecidas nos estudios ambientais ou nas declaracións ambientais; as intervencións arqueolóxicas derivadas de obras que foron obxecto de sanción en materia de patrimonio cultural; e aquelas actuacións que xa foron indemnizadas pola Consellería a raíz dunha sentenza xudicial, ou ben xa foron subvencionadas en anteriores convocatorias, así como as executadas en bens inmobles da igrexa católica.

As solicitudes poden presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , ou ben en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros públicos legalmente establecidos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies