Inicio Baixo Miño A conselleira do Medio Rural participou en Tui na sesión de apertura...

A conselleira do Medio Rural participou en Tui na sesión de apertura dos terceiros Job days da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

conselleira-Medio Rural-Ángeles-Vázquez-participou-Tui-sesión-apertura-terceiros-Job-days-Eurorrexión-Galicia-Norte-Portugal

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou esta mañá en Tui na sesión de apertura dos terceiros Job days da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, organizados pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial G-NP (GNP AECT), onde destacou que o sector agroalimentario é estratéxico na nosa Comunidade, tanto pola súa dimensión -dá emprego a máis de 30.000 persoas- como pola súa transcendencia económica e social, xa que factura máis de 10.000 millóns de euros anuais.

A conselleira do Medio Rural e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participaron na sesión de apertura dos terceiros Job days da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Ángeles Vázquez sinalou que, dende a Xunta, se aposta fortemente por impulsar as producións de calidade como estratexia de fomento do medio rural. Con este obxectivo, recalcou, creouse o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) para traballar na investigación e desenvolvemento deste sector punteiro en Galicia. Así, explicou a conselleira, o Ingacal fomenta e protexe a calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos mediante o impulso do desenvolvemento rural e da transferencia tecnolóxica.

Esta xornada ten como obxectivo facilitar o contacto entre empresarios e profesionais do sector agroalimentario e promover a mobilidade e a colocación e contratación entre ambas rexións

A titular de Medio Rural, que estivo acompañada polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, agradeceu a realización deste terceiro Job Days, posto que esta edición está centrada no sector da agroalimentación, co obxectivo de facilitar o contacto entre empresarios e profesionais deste sector e promover a mobilidade e a colocación e contratación entre Galicia e o Norte de Portugal.

Nesta sesión de apertura tamén estiveron presentes o presidente da Cámara Municipal de Valença do Minho, Jorge Salgueiro Mendes, e representantes do EURES, do  Clúster Alimentario de Galicia e do Polo de competitividade e Tecnoloxía Agroindustrial de Portugal PORTUGALFOODS.

Actividades
Estas “xornadas polo emprego” contan cunha área de exposición e stands, destinados fundamentalmente ao intercambio de información cos candidatos ás prazas vacantes que previamente se teñan ofertado; á realización de entrevistas cos candidatos; e á publicación das ofertas de emprego nunha plataforma informática especialmente habilitada para o evento. Hai dispoñibles máis de 25 ofertas de traballo no sector da agroalimentación.

Ademais, hai conferencias e presentacións temáticas especializadas, sobre asuntos como “o sector agroalimentario como motor de crecemento no período de financiamento 2014-2020” e “os desafíos do sector agroalimentario no mercado laboral transfronteirizo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”.

O primeiro job day, dedicado ao sector da metalmecánica, tivo lugar en xuño de 2014 en Tui e o segundo foi realizado en Vila Nova de Cerveira, no Alto Minho, dirixido ao sector hostaleiro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies