spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Concellería de Deportes de Baiona inicia unha campaña convidando a participar...

A Concellería de Deportes de Baiona inicia unha campaña convidando a participar na XXXVIII edición da Carreira Pedestre Popular “Andar e Correr”

A Concellería de Deportes de Baiona inicia unha campaña convidando a participar na XXXVIII edición da Carreira Pedestre Popular “Andar e Correr"Esta mañá presentouse en Baiona a XXXVIII Carrera Pedestre Popular “Andar e Correr”. Proba que se celebrará o domingo 20 de agosto a partir das 10:00 horas e na que xa se inscribiron preto de 500 corredores e corredoras.

Revista COUSAS DE Nº18

Esta tradicional proba que está organizada pola Concellería do Deportes do Concello de Baiona e que este ano pretende achegarse máis á cidadanía baionesa e a todas aquelas persoas que queiran vir ata a Vila de Baiona a percorrer os bonitos quilómetros polos que se disputa esta proba.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, que presentou a carreira xunto a Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, e por varios deportistas que levan anos disputando esta proba baionesa destacou “o total compromiso do actual Equipo de Goberno Municipal co Deporte e a aposta firme do alcalde, pola promoción da práctica deportiva e os hábitos de vida saudables, para o que son imprescindibles seguir incentivando este tipo de probas con tan ampla tradición como ten a nosa carreira pedestre popular”.

Neste sentido, remarcou que se trata de “a carreira decana en Baiona” e lembrou a participación como corredores en varias edicións de destacados deportistas, mostrando a súa satisfacción porque o 20 de agosto volverán ter a sorte de poñerse un ano máis o dorsal e participar na carreira xunto cos centos de cidadáns anónimos que con ilusión enfróntanse a esta proba.

A Carrera pedestre Popular “Andar e Correr” de Baiona contou durante toda a súa historia con participantes como Carlos Pérez, atleta recoñecido deportista e 3 veces olimpico (que competiu nos 5 continentes ou Loreto Rodríguez Martínez, baionesa participante do Club Atletismo Baiona, así como outros deportistas do Club Atletismo Baiona e do Club Runnig Baiona, que son “contrasinal do deporte baionés”.

Moitos deles achegáronse esta mañá ao momento de saída da carreira, a entrada do Parador de Baiona, para apoiar coa súa presenza a proba. Tamén viñeron á presentación os nenos e nenas do Campus de Atletismo e da Escola de Running de Baiona.

Nesta XXXVIII edición deuse un paso máis aló na procura de novos participantes para o que se realizará unha campaña a pé de rúa cunha acción específica de captación e potenciación do deporte en Baiona. Á xa tradicional promoción municipal da carreira, esta edición 2023 complementarase con esta rechamante acción na que se repartirán adhesivos cun código QR, que leva directamente a través do teléfono ao formulario de inscrición, polo Casco Vello e e polas rúas da localidade para animar aos viandantes para participar no evento deportivo.

A cita será, o domingo 20 de agosto, un evento imprescindible que se consolidou no calendario de carreiras populares de Galicia. Unha carreira que terá como epicentro de saída das distintas categorías o parque de “A Palma” e que no seu tramo máis longo transcorre polo Camiño Portugués da Costa nun percorrido de 10 quilómetros, onde os atletas pasarán por monumentos emblemáticos como o Cruceiro da Santísima Trindade, Santa Liberata, a subida de San Antón, Baredo para regresar polo Rompeolas ao emblemático parque baionés.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.