spot_img
InicioO MorrazoMarínA Casa Grande da Granxa de Briz acolle a V Mostra da...

A Casa Grande da Granxa de Briz acolle a V Mostra da Camelia de Marín

A Casa Grande da Granxa de Briz acolle a V Mostra da Camelia de MarínEsta fin de semana celebrarase en Marín a V Mostra da Camelia. Nesta ocasión será na Casa Grande da Granxa de Briz.

Unha nova oportunidade para gozar da beleza das camelias, esta xoia que nos chegou de oriente e que é protagonista en todos os parques e xardíns das Rías Baixas.

Granxa de Briz

Granxa de Briz é un pequeno remanso de paz situado en pleno casco urbán de Marín, un paradisíaco lugar tamén coñecido como o Parque dos Sentidos. Un lugar perfecto para ofrecer ós máis pequenos unha infinidade de xogos infantís, de recreo e de ocio entorno a unha lagoa.

Este lugar pertenceu ós monxes de Oseira e foi coñecido como a Granxa da Costa. No século XIX, trala desamortización, foi adquirida por Roberto Munaiz, pasando así a mans privadas, quenes levantaron unha vivenda no solar bautizado como Villa Paula. Anos despois, en 1942, unha das súas descendentes, Ana Mª Saraiva Munaiz, casada con Marcelino Briz, decidiu construir na finca unha casa que se convertiría na residencia de verán da familia Briz Saraiva. Foi entón cando o lugar pasa a coñecerse como a Granxa de Briz e se convertiu nun punto de encontro de numerosas celebridades da época: militares, políticos, empresarios e persoalidades do lugar. Finalmente no ano 1999, a Granxa de Briz foi adquirida polo concello de Marín ós irmáns Briz Saraiva, para destinalo a fins sociais e aberto ó público

PROGRAMA

A Casa Grande da Granxa de Briz acolle a V Mostra da Camelia de Marín

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.