spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Casa dos Alonsos da Guarda acolleu a presentación das conclusións do...

A Casa dos Alonsos da Guarda acolleu a presentación das conclusións do programa de orietación persoal ‘Cultivando ideas’

a-casa-dos-alonsos-da-guarda-acolleu-a-presentacion-das-conclusions-do-programa-de-orietacion-persoal-cultivando-ideas

Este pasado sábado 19 de novembro tivo lugar, ás 11 horas na Casa dos Alonsos, a xornada de presentación das experiencias de mellora persoal e profesional dos participantes da iniciativa de formación que comezou co título “Sementando o teu futuro”.

Nesta xornada o grupo de persoas participantes quixeron expoñer o que supuxo, tanto a nivel formativo e profesional como persoal, participar neste programa. Así, comentaron as conclusións e ideas extraídas tras participar nunha iniciativa que tiña como obxectivo empoderar ás persoas para a procura de emprego, mellorar e potenciar as súas capacidades e valores a través dun programa pioneiro na comarca.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, tamén quixo acompañar ós participantes do programa neste día, que marca un antes e despois na vida profesional de moitos dos participantes. O alcalde aproveitou para dar a boa nova de que esta iniciativa de formación profesional terá continuidade grazas ao apoio dunha entidade

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.