spot_img
InicioGaliciaA CoruñaA Casa de Rosalía acolle unha nova edición das Xornadas de gaita

A Casa de Rosalía acolle unha nova edición das Xornadas de gaita

A gaita na emigración, os lugares e as músicas de Rosalía ou o gaita no ensino regrado serán os temas protagonistas dunhas novas xornadas culturais organizadas pola Asociación de Gaiteiras Galegas (AGG) ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, e coa participación da Casa de Rosalía.

Revista Cousas De Nº19

A AGG organiza o vindeiro domingo 5 de novembro, en colaboración coa área de cultura da Deputación de A Coruña e coa participación da Casa de Rosalía, a cuarta edición das Xornadas de gaita, cun relatorio de investigación sobre a gaita na emigración, un roteiro músico-literario e unha mesa redonda.

Nesta edición, contaremos co músico e investigador Chema Cebeiro, quen nos achegará á gaita e os seus intérpretes nos tempos da emigración no relatorio “Unha gaita na maleta“. Tamén contaremos con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, con quen percorreremos, na compañía do grupo Airiños da Casa da Matanza, os camiños e roteiros rosalianos nun roteiro músico-literario pola vila de Padrón.

 

E para pechar, será tempo para o debate, cales son as cuestións arredor do ensino da gaita nos estudos regrados? Xaime Estévez, Rebeca Carrera, Marina Vigo e Xiana Teixeiro contarannos as súas impresións sobre como é o ensino da gaita nos conservatorios galegos, nun coloquio moderado por Julio Alonso.

a-casa-de-rosalia-acolle-unha-nova-edicion-das-xornadas-de-gaita

PROGRAMA:

10.45 – Apertura

11.00 – Relatorio : “Unha gaita na maleta”. Chema Cebeiro

11.50     Quenda de preguntas

12.15 – Roteiro músico-literario “Camiños e roteiros rosalianos en Padrón”. Anxo Angueira e os Airiños da Casa da Matanza – *Saída dende a Casa de Rosalía

14.00 – Xantar

16.30 – Mesa redonda “A gaita no ensino regrado”. Interveñen: Xaime Estévez, Rebeca Carrera, Marina Vigo e Xiana Teixeiro. Modera Julio Alonso

LUGAR: Casa de Rosalía (A Matanza, s/n. Padrón)
DATA: Domingo 5 de novembro de 2023

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a  secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG.

- Publicidade -spot_img