spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaA Cañiza presentou a edición 2025 do "Curro do Pedroso"

A Cañiza presentou a edición 2025 do “Curro do Pedroso”

Organizadores e Concello presentaron esta festa popular galega, cun acto simbólico de “Izado da Bandeira” no Pedroso, á 1073 metros de altura.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Un acto que contou coa participación de “Bruxo Queiman” como mestre de cerimonias e que comezou ás 11 da mañá na centenaria Carballeira do Cacharado, co recibimento do Alcalde a toda a comitiva de cabaleiros e asistentes e que continuou coa entrega simbólica das bandeiras de Galicia por parte de Luis Piña ao Presidente da Asociación Cabalar, Pablo Álvarez, responsable una ano máis de protexer estas tradicións e tamén entrega da bandeira da Cañiza a Samuel Fidalgo.

Nesta xornada inaugural tamén se fixo entrega do «Ferro», útil vencellado ao Curro dende os seus orixes e que representa a identidade dos animais e a propiedade dos mesmos e que foi entregado por José López ao seu fillo Javier López. 

Ademáis e continuando co programa da pasada edición, o Presidente da Asociación Cabalar e o Alcalde fixeron unha ofrenda floral ao Cristo da Cañiza, no Cruceiro do Cacharado.

 O acto inaugural rematou nos Montes do Pedroso co izado das bandeiras e unha comida campestre.

O CURRO DO PEDROSO. 10 de agosto de 2025

Un evento no que cañicenses e visitantes poderán gozar da baixada dos animais dende as montañas ata o curro para o seu saneamento e colocación de microchips. Unha xornada enxebre na que non faltará a boa gastronomía, música tradicional e moitas sorpresas. Un inesquecible día de romaría e festa e un espectáculo de colorido e bravura propio da nosa rexión.

O alcalde Luis Piña felicitou a toda a directiva e a todos os veciños e veciñas e colaboradores que xuntos volverán a recuperar esta festa tradicional que se concebiu no ano 1994 para sanear e identificar aos animais“unha xornada no que se funde o enxebrismo do mundo animal e a natureza, converténdose nun día de Romaría para todos”.

Con estas palabras organizadores e Alcalde presentaron o CURRO do PEDROSO que se celebrará, o 10 de agosto,  nunha intensa xornada que comeza xa ás 7 da mañá coa subida ao Curro, coordinación dos equipos e saída á busca dos rabaños, para dar comezo a unha festa que se prolongará ata a noite.

Ao Curro do Pedroso accédese por un ramal da estrada N-120 de Vigo a Logroño, próximo aos edificios Rebeca, e aínda que parte dos accesos son de terra atópanse en boas condicións.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.