spot_img
InicioBaixo MiñoA campaña “Abril Mes do Libro” da Guarda remata coa entrega de...

A campaña “Abril Mes do Libro” da Guarda remata coa entrega de diplomas aos participantes do “Certame de Microrrelatos”

a-campana-abril-mes-do-libro-da-guarda-remata-coa-entrega-de-diplomas-aos-participantes-do-certame-de-microrrelatosEsta semana remata o mes de abril e, con el, tamén chega ao seu final a campaña “Abril Mes do Libro” impulsada pola Concellería de Cultura da Guarda para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebrou o pasado día 23.

Con motivo destas celebracións, o Concello da Guarda adicoulle ao libro diversas actividades durante todo o mes, encadradas na campaña “Abril Mes do Libro”. Así leváronse a cabo iniciativas como as dúas citas cos Contos Contados polo Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e polo propio Día do Libro. Tamén se proxectaron as películas “Al encuentro de Mr. Banks” e “Cenicienta”, que tiñan ao mundo da literatura como protagonistas.

Durante a Semana Santa impulsouse a iniciativa “Mochilas viaxeiras de Semana Santa”. E ademais celebrouse o “Certame de Microrrelatos”, que estivo aberto á participación de toda a cidadanía. O venres 21 de abril, ás 18 horas no Centro Cultural, foi a entrega de diplomas e agasallos aos participantes e puido comprobarse o éxito e bo recibimento da proposta. Foron 57 as persoas que participaron e, entre eles había xente de tódalas idades, desde nenos e nenas pequenos, que participaron a través do profesorado; mozos e mozas de entre 13 e 19 anos, ata nais e pais pasando por xente de maior idade. Esta variedade tamén se viu nas temáticas das obras, que en xeral foron diversas e moi orixinais e que estarán expostas no Centro Cultural ata o 29 de abril.

Dende o Concello da Guarda agradecen a participación dos veciños e veciñas nas diferentes iniciativas e esperan que desfrutaran dun mes adicado ao libro e á promoción do hábito da lectura.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.