·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA Banda de Música Popular de Tui ofrece mañá o Concerto de...

A Banda de Música Popular de Tui ofrece mañá o Concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal

A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá mañá xoves, 30 de decembro, ás 21.30 h o concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal de Tui. O evento contará con todas as medidas de seguridade derivadas da actual normativa sanitaria e no acceso requirirase ás persoas asistentes o certificado covid de contar coa pauta completa de vacinación, ter superado a enfermidade ou proba negativa. Recoméndase asistir con suficiente antelación.

Baixo a dirección de Eloy Carrera a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto divido en dúas partes. Na primeira ofrecerán “Música y vinos” de Manuel Morales, “At’s World End” de Hans Zimmer e “The ghost ship” de Alberto Pina. A continuación xunto á cantante Livia Leal Caneiro a agrupación tudense interpretará “Lela” con arranxos de Susavila e tres temas de Frank Sinatra con arranxos de Manuel María. Rematarán xa con composicións navideñas coma “Last Christmas” e a “Marcha Radetzky”.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, enviaba unha mensaxe de tranquilidade indicando que “a cultura é segura” xa que o concerto se realiza seguindo o protocolo covid establecido e requirindo o certificado covid tanto ao público asistente coma a todos e todas os e as integrantes da Banda de Música Popular de Tui. Todos os músicos actuarán con máscara, salvo os intérpretes de instrumentos de vento, e colocaranse coa distancia entre eles establecida na normativa.

  1. As entradas para o concerto son gratuítas e poden reservarse en www.tui.gal até 10 minutos antes do comezo.
- Publicidade -spot_img

Publicidade