Inicio Baixo Miño A Guarda A Asociación Piueiro inaugura na Guarda a exposición 'Amigos do Mar'

A Asociación Piueiro inaugura na Guarda a exposición ‘Amigos do Mar’

A Asociación Piueiro inaugura na Guarda a exposición 'Amigos do Mar'A Mostra-Exposición, denominada “AMIGOS DO MAR”, estará aberta o público o longo de toda etapa estival, abrindo pola mañan os días domingo e festivos de 10 a 1 e tódolos días de 19 a 22,00 horas.

Despois de haber dado inicio fai xa varios meses a campaña de recollida polas casas de homes e mulleres vinculados o mar, acadando un gran éxito, pola cantidade de utensilios náuticos e artes pesqueiras recollidas, unhas donadas e outras en depósito, campaña que continua vixente, encontrándose unha parte destes materiais en Exposición no Museo de Póvoa do Varzim, destacando, fundamentalmente todo aquelo vinculado as marcas, redes, aparellos, imáxenes mariñeiras, etc., e a súa similitude cas daquela vila e de outras localidades, dita Exposición estará nas dependencias museísticas da Póvoa ata mediados de setembro, cando se trasladará o noso pobo, para ser inaugurada o día 22 de dito mes.

Dende a Asociación de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”, acordouse levar unha Mostra-Exposición, que pretende ter continuidade no tempo, instalada no local dos antiguos Efectos Navales “Guadalupe”, que será aberta ao público en xeral, o vindeiro venres día 13 a partir das oito da tarde, e na que falará Agustín Ferreira Lorenzo de ANABAM sobre as marcas mariñeiras y a continuidade dos traballos de identificación e  recopilación que nesta área levan desenbolvendo dende fai anos, e a que se incorporará PIUEIRO como colaborador do mesmo, para que máis pronto que tarde, se plasme nunha publicación.

Con esta Mostra, “PIUEIRO”, quere darlle as grazas a todos aqueles que teñen colaborado nesta campaña para salvar unha parte da historia do “noso mar” e manter presente dunha das actividades laborais e económicas que máis incidiron e segue tendo influencia no desenvolvemento de A Guarda.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies