·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA Asociación Muiñeiros do Río Tripes consigue unha subvención para o Mañoco

A Asociación Muiñeiros do Río Tripes consigue unha subvención para o Mañoco

A asociación de Muiñeiros do río Tripes traballa para restaurar o Muíño do Mañoco, o máis antigo do TripesA comezos de este ano a Asociación de Muiñeiros do río Tripes solicitou unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo, dentro da liña de axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago (TU501D).
Tras unha longa espera, co confinamento de por medio, a comezos de xullo a Consellería comunicoulles a denegación da axuda por motivos de esgotamento do crédito dispoñible.
 
Persistentes no empeño, os Muiñeiros, ademais de realizar a limpeza de vexetación e lixo que ameazaban ao antigo muíño, puxeron en marcha o proxecto de restauración comezando coas medicións e planimetría do terreo cos seus propios fondos. A sorpresa chegoulles esta semana, cando recibiron unha nova comunicación da Consellería na que se lles concedía, de xeito definitivo, a devandita subvención. De tal xeito, as actuacións de acondicionamento da contorna do Muíño do Mañoco, contaran con 10.000€ sufragados pola Consellería de Cultura e Turismo. Condicionado a que o 15 de novembro do 2020 , estea realizada e terminada esta obra de acondicionamento.
 
Isto supón un paso moi importante cara o obxectivo final da asociación que é restaurar este histórico muíño, do que a súa referencia documental mais antiga recollese nun contrato de arrendamento do S. XIV, polo que sabemos que a súa construción é anterior. Cabe lembrar, que nesta canle do Tripes xa se fai referencia á presenza de muíños dende o S. XII.
- Publicidade -spot_img

Publicidade