A Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama (ADICAM) traballan a prol das persoas diagnosticadas e as súas familias desempeñando a atención nas distintas etapas da enfermidade ata a volta a unha vida normalizada. Dende a asociación recoñecen que levan moito tempo insistindo nas necesidades de introducir hábitos de vida máis saudables para previr o cancro “pero está claro que a mensaxe non está chegando a un número suficiente de persoas”.
En vista disto decidiron abarcar o problema dende a prevención primaria, é dicir, variando os hábitos de vida para acadar uns máis saudables. Segundo a OMS, con hábitos de vida saudable se poderían evitar o 30% das mortes producidas pola enfermidade. A vista destes datos, levando unha vida saudable poderíanse evitar 3 millóns de falecementos a causa do cancro e cinco millóns de casos novos en todo o mundo. En España evitaríanse máis de 41.000 falecementos e 64.800 casos novos de cancro.
Para que unha persoa modifique un habito é preciso unha serie de pasos:
.-Que posúa información suficiente e veraz sobre o factor de risco.
.-Que tome conciencia do risco que supón manter dito hábito.
.-Que tome a decisión de modificalo ou evitar o contacto con el.
.-Que manteña ao longo do tempo o cambio de comportamento.
Así xorde o proxecto “Doce pasos hacia a saúde”, dirixido a toda a poboación para fomentar hábitos
saudables tanto físicos como psíquicos por medio de diferentes talleres e charlas. Algunhas das propostas de Adicam son:
.-Charlas de nutrición nos colexios de Cangas por mediación das Anpas, para falar de alimentación, resolver dúbidas, propoñer alternativas e analizar o tipo de alimentación.
.-Grupos de camiñatas pensados para a poboación en xeral coa intención de promover a actividade física. Estas faranse catro días a semana a diferentes horas, saíndo da Casa da Bola e cunha hora de duración. Luns e xoves ás 10:00h da mañá, mércores ás 19:00h e venres ás 17:00h.
Sempre haberá una persoa de referencia e está aberto a todo o mundo sen necesidade de ser socios e sen ningún custe. Non é preciso anotarse simplemente aparecer no punto de encontro ás horas indicadas. Os circuítos serán sinxelos para poder abarcar todos os estados físicos. Valoran tamén a posibilidade de realizar algunha camiñata no fin de semana a zonas diferentes e de máis duración.
.-Masterclas de Pilates.
.-Taller de pan.
.-Taller de Aloe.
.-Taller de introdución al reiki, de relaxación de corpo e mente, co fin de mellorar a saúde psíquica e mental.
.-Charlas de temas variados como: tabaquismo, nutrición, exposición ao sol…. Este proxecto está aberto a toda a poboación, non é preciso ser socio e está deseñado para que toda persoa que queira mellorar o seu estado de saúde físico e mental teña a información e os medios precisos para poder conseguilo co apoio deste grupo de profesionais.
Ao mesmo tempo pretenden que os interesados interactúen con outras persoas, que teñan momentos de desconexión das preocupacións, de compartir vivencias, e que pouco a pouco acaden un mellor estado físico e psíquico, para así chegar a adquirir unha rutina e uns hábitos saudables adecuados para mellorar a saúde a longo prazo.
ONDE ESTÁN:
Casa da Bola 1 – Entrada por Valentín Losada nº 1
36940 – Cangas do Morrazo, Pontevedra
Tel. 986.307.158
http://www.adicam.net/



