spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Asociación de Danza de Gondomar pecha aulas cun gran “Festival Fin...

A Asociación de Danza de Gondomar pecha aulas cun gran “Festival Fin de Curso”

Asociación-Danza-Gondomar-pecha-aulas-Festival-Fin-Curso

A Asociación de Danza de Gondomar remata a tempada 2014-2015 que congregou a máis 40 mozas e mozos nas aulas impartidas por Gabriel Vázquez (Fusión), Clara Ferrao (Danza Clásica e Moderna), Hilda Lagos (Acrobática) e  Sara Lago (Hip Hop). Con tal motivo puxeron en escena o “Festival Fin de Curso” na que todos os seus corpos de baile amosarán as principais coreografías traballadas ao longo do ano.

O evento contou  coa participación especial das escolas invitadas: Asociación de Veciños Val do Fragoso (Vigo), a Escola de Danza Paradela , Danzarinos do CC de Peitieiros e a Escola Deportiva Sey (A Carrasca).

O Festival  tivo lugar  o pasado domingo 19 no escenario aberto instalado na Alameda da vila de Gondomar. Actividade que conta co apoio do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.