spot_img
InicioVal MiñorBaionaIV Triatlón Popular 2015 Vila de Baiona

IV Triatlón Popular 2015 Vila de Baiona

IV-Triatlón-Popular-2015-Vila-Baiona

O próximo Domingo día 26 de Xullo as 10.00 h horas terá lugar no Paseo da Praia da Ribeira en Baiona (entrada ao Parador) o IV Triatlón Popular, organizado pola Concellería de deportes e actividades marítimas e pola Piscina mancomunada do Val Miñor, incluido dentro da programación deportiva deste verán  2015.

A proba consta de tres partes: a primeira, percorrido a nado de 0.5 km, a segunda parte, percorrido en bicicleta estática pedaleando 10 km e a terceira parte, correndo ao redor do Parador, cunha distancia de 4 km.

A idea dos organizadores é concentrar todo o evento deportivo dende un único punto, o Paseo da Ribeira, para facer muito mais vistoso e fácil de seguir por parte dos participantes e curiosos que esperan albergar ese día cun evento deportivo que este ano 2015 volve a incorporar no  programa municipal.

Estará dividido en tres  categorías mixtas, sub-17 (1998), senior (1997 hasta 1976) e  Veteranos (1975 e anteriores)

A participación está aberta a todas as persoas que queiran participar. Para a inscripción, deberán efectuala antes do día 23 de Xullo as 12 horas, e realizar un pago de 3 euros na categoría de sub 17 e de 5€ para as categorías de senior e veteranos.

O prezo inclue camiseta conmemorativa (so para os inscritos antes do día 21 de xullo) avituallamiento, gorro e seguro deportivo.

As incricións poderenase formalizar a través da plataforma www.championchipnorte.com ou físicamente na Piscina Mancomunada da Ramallosa.

Para este evento contase coa colaboración de Protección Civil do Val Miñor, Monte-Real Club de Yates Baiona, Serviocio, Coca-Cola, Arena, supermercados Froiz, Parador Conde de Gondomar, Frutas Maria Vilar,   La Caixa, e Westsport e Segmovi.

Para máis información:

Oficina de Deportes de Baiona:  T 986 356 558 // deportes@baiona.org

Piscina Mancomunada do Val  Miñor: T 986 353 677 /piscinavalminor@serviocio.es

- Publicidade -spot_img