Inicio Baixo Miño A Asociación Asistencial SOS Tomiño abrirá nova oficina no Concello de O...

A Asociación Asistencial SOS Tomiño abrirá nova oficina no Concello de O Rosal

centro social O Rosal

SOS Tomiño, entidade encargada do reparto de alimentos na zona do Baixo Miño, abrirá o vindeiro luns 4 de xullo  unha oficina destinada a atender a todos os potenciais beneficiarios que soliciten a súa axuda, no concello de O Rosal. Esta oficina estará situada no Centro Social Polivalente, na Rúa Cabaqueiros.

O labor que se realizará nesta oficina, será a de atender ás persoas que necesiten axuda, entregar os impresos correspondentes a cada petición, recoller e asesorar achega da documentación necesaria de cada persoa e tramitar a documentación necesaria para cada expediente. Estas tarefas serán levadas a cabo por persoas voluntarias que colaboran con este proxecto da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño.

No ano pasado, en 2005 foron 80 as familias atendidas, e a previsión este ano coa incorporación do Concello do Rosal será de achegarse á cifra de 100 familias atendidas.

A frecuencia coa que se repartirán os alimentos ás familias será quincenal, e o lugar indicado para este reparto será o Centro Social Polivalente.

As entidades financiadoras son O Fondo Europeo, Ministerio de Agricultura, Alimentación e medio Ambiente, FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria), Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Banco de Alimentos e os propios concellos, pero tamén que son moitas as persoas anónimas que colaboran desinteresadamente  tanto con aportacións alimenticias, como co seu tempo e dedicación.

O Concello de O Rosal e SOS Tomiño Baixo Miño queren agradecer á poboación de O Rosal calquera colaboración que poida prestar como voluntario, socio ou doador. As persoas que estean interesadas en formar parte do seu proxecto de voluntariado poden porse en contacto coa asociación ou no propio concello, onde recibirán toda a información  que precisen.

A oficina, é cedida polo Concello de O Rosal, a través da Concellería de Servizos Sociais, e estará aberta ao público, os LUNS E XOVES de 10:30 a 12:30 horas da mañá.

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO:

LUNS E XOVES de 10.30 a 12.30 horas da mañá

Centro Social Polivalente

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies