spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Asociación Aneida presenta o segundo reto da iniciativa “Reta 3.Móvete pola...

A Asociación Aneida presenta o segundo reto da iniciativa “Reta 3.Móvete pola Diabete”

asociacion-aneida-presenta-o-segundo-reto-da-iniciativa-reta-3-movete-pola-diabete

O deportista afeccionado Daniel Fernández afrontará esta fin de semana o segundo reto que consiste en 24 horas pedaleando polo Val Miñor

 A Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá a presentación do segundo reto da iniciativa “Reta3. Móvete pola Diabete”, impulsada por Anedia, a asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia, para visibilizar a problemática da doenza da diabete entre nenos e nenas menores de idade. No acto participaron a Deputada de Deportes, Chelo Besada; a Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas; a presidenta de Anedia, Ana Pérez; e o deportista Daniel Fernández Cerzón.

Dende a Deputación de Pontevedra, a Deputada de Cohesión Social destacou o compromiso do Goberno provincial, dende o primeiro momento, para darlle voz e visibilidade ao traballo de todas as asociacións e colectivos da provincia, como é o caso de Anedia. “Un dos nosos retos é que a sociedade saiba e coñeza todo o que sucede na provincia e sexa consciente de todas as dificultades polas que pasan múltiples colectivos”, manifestou Digna Rivas.

Nesta liña de apoio e de inclusión de todos os colectivos, Rivas lembrou que, por exemplo, este ano nos Campamentos da Lanzada, os nenos e nenas con diabete contan cun monitor de apoio específico as 24 horas do día e que, por primeira vez, nas bases para a contratación se esixiu que os monitores dos campamentos teñen que ter uns coñecementos sanitarios necesarios. “E para o ano non só teremos isto, senón que aínda melloraremos máis, xa que a inclusión ten que ser cada vez maior”, concluíu Rivas. Pola súa banda, a Deputada de Deportes salientou a importancia de apoiar iniciativas como as de Anedia dende a Administración provincial, e ao mesmo tempo, felicitou á propia asociación e ao protagonista dos retos polos éxitos acadados ata agora e polos que virán no futuro.

“Reta3. Móvete pola Diabete” é unha iniciativa que persegue un dobre obxectivo: concienciar sobre as dificultades que esta doenza implica entre os máis pequenos e pequenas da casa, e ao mesmo tempo, recadar fondos para continuar traballando na eliminación das dificultades que estes menores se atopan nas súas actividades cotiás. A iniciativa componse de tres retos deportivos protagonizados por Daniel Fernández Cerzón. O pasado 16 de xullo tivo lugar o primeiro, cunha ruta en bicicleta entre Gondomar-Santiago-Gondomar.

O segundo reto vaise desenvolver entre o vindeiro venres e sábado, días 12 e 13 de agosto. Comezará ás 11 da mañá na Praza do Concello de Gondormar e consistirá en 24 horas pedaleando polas estradas do Val Miñor, pasando polos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona. Será un circuíto de entre 12 e 14 quilómetros que Daniel, máis o pelotón que voluntariamente o queira acompañar, percorrerá durante 24 horas ata facer un mínimo de 380 quilómetros. Na presentación, o deportista de Gondomar convidou a todas as persoas que queiran a sumarse en momentos puntuais ao seu percorrido para así apoiar esta iniciativa coa que el colabora de xeito desinteresado e altruísta.

Ana Pérez, a presidenta de Anedia, agradeceu a colaboración de Daniel Fernández para protagonizar estes retos e tamén agradeceu o apoio da Deputación para impulsar a difusión dos problemas da diabete entre os máis pequenos e pequenas. Explicou que con esta iniciativa pretenden dar a coñecer as necesidades deste colectivo, e paralelamente, recadar fondos para traballar na normalización da vida cotiá destes cativos e cativas. Neste sentido, asegurou que o prioritario é lograr que os monitores que traballan cos menores se formen especificamente para poder atender a aqueles e aquelas que sofren de diabete ou algunha outra doenza. . “Dende a nosa asociación o que queremos é demostrar que os nenos e nenas con diabete poden facer de todo, deporte por suposto,  pero sempre teñen que saber como”, indicou.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.