“A arte de Pescar”.- Mercado de Redondela,o Sábado 22 ás 11:30 horas exhibición de cociña e degustación, promovida pola Coooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI) con motivo do seu 50 aniversario e en colaboración co Concello de Redondela
O equipo da cociñeira Cervera presentará en vivo a elaboración de luxosos pratos elaborados con produtos do mar e que despois os asistentes poderán saborear.
Con motivo da celebración do seu Cincuenta Aniversario,a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo programou seis exhibicións de cociña e degustacións que se desenvolverán, para toda a cidadanía, en mercados de Vigo e a súa área.
O peixe é un alimento esencial nunha dieta equilibrada, absolutamente necesario para garantir a alimentación da humanidade.En áreas como a de Vigo, os produtos do mar son a base dunha actividade económica cunha gran capacidade de creación
e mantemento de emprego. Os peixes e mariscos, a súa transformación e a súa comercialización, son actualmente alicerces fundamentais do desenvolvemento social e económico da nosa contorna.
Segundo un estudo elaborado recentemente por Arvi, a Universidade e o Porto de Vigo, un de cada dez habitantes de Vigo depende directamente da actividade pesqueira. Estas 30.000 persoas que viven directamente da pesca en Vigo dannos unha medida da importancia deste sector capaz de producir baixo criterios de sustentabilidade sen renunciar ao emprego nin ao progreso.
Os produtos das frotas de arrastre, cerco e palangre protagonizan unhas receitas elaboradas expresamente para o Cincuentenario de Arvi polo equipo da cociñeira Nuria Cervera.
Bon appétit!



