spot_img
InicioGaliciaA armada galega domina en Trasona

A armada galega domina en Trasona

-armada-galega-domina-en-trasona
Teresa Portela

Portela, Jácome e Rodríguez cumpren os prognósticos clasificándose para as citas internacionais

Teresa Portela logrou clasificarse para o Campionato de Europa e para a Copa do Mundo ademais dos Xogos do Mediterráneo ao vencer no selectivo de K-1 200 metros quese diputaba onte en Trasona tras un duro sprint con Sara Ouzande. Unha praza alcanzada con tan só 24 milésimas de segundo de diferenza sobre a asturiana. Ademais Teresa clasificábase para a final do K1 500 de hoxe.

Xunto ao K-1 200 feminino, puxéronse en xogo no encoro asturiano outras sete prazas para a selección española que acudirá aos europeos e mundiais tanto da categoría absoluta, como sub 23 e xuvenil. O poderío galego quedou patente en cinco das finais disputadas.

A primeira en conseguir o pase para o campionato do mundo foi María de La Peña. Esta nova promesa do E. P. Cidade de Pontevedra, levaba a vitoria na final de C1 200 da categoría xuvenil, cruzando a liña de meta con algo máis de medio segundo de vantaxe sobre a canoista do Club Naútico O Muiño de Ribadumia María Pérez. As alegrías para o equipo dirixido por Miki Villanueva continuarían pouco tempo despois. A padeeira pontevedresa Antía Jácome (E. P. Cidade de Pontevedra) clasificouse para o campionato de Europa que levará a cabo en Belgrado que se celebrará o próximo mes de xuño. Jácome impoñíase na final de C1 200 con solvencia aos seus rivais logrando así unha histórica clasificación internacional.

Xa Pola tarde Antía formando parella con Belénz Díaz gañaba a carreira e C2 500 metros en categoría sub 23, o tándem lograba impoñerse á embarcación de Raquel Dacosta ( As Torres) e Carla Sieiro (Piragüismo Poio). Contorna ás 12:30 da mañá comezaba a final do C1 1000 metros. Do mesmo xeito que o ano pasado Adrián Siero (Piragüismo Poio) levaba o triunfo nun apertado final co asturiano David Fernández. Este último será o representante español no europeo ao renunciar Sieiro á súa praza debido a que o seu principal obxectivo é o C2 1000.

Roi Rodríguez (Kayak Tudense) consagrábase como o referente español na modalidade individual, ao sumar unha nova clasificación internacional. O tomiñés lograba impoñerse na final de K1 500 metros aos seus rivais e así asegurarse a súa presenza nos Xogos do Mediterráneo de Tarragona 2018. Hai que lembrar que Roi ten asegurada a súa presenza no europeo na distancia de K1 1000 metros.

Non correron a mesma sorte Carlos Arévalo (Ría de Betanzos) e Xoel García (Kaiak Foz). Arévalo terminou segundo despois dunha loita titánica co zamorano Carlos Garrote na final de K1 200. Doutra banda García cruzaba a liña de meta en segundo lugar na final de K1 1000 xuvenil. O novo padeeiro focense terá hoxe a oportunidade de conseguir a clasificación para o K4 500 coas probas individuais da distancia.

O selectivo continuará ao longo da xornada de hoxe en horario matinal. A competición dará comezo coa final do C-2 sub-23 masculino sobre mil metros e a continuación celebraranse as probas sobre a distancia dos 500 metros nas distintas categorías. Novamente Galicia contará con varias opcións de triunfo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.