spot_img
InicioGaliciaCompostelaA Amtega pon en marcha o proxecto CeMIT-Innova para impulsar a innovación...

A Amtega pon en marcha o proxecto CeMIT-Innova para impulsar a innovación social dixital na comunidade

Amtega-pon-marcha-proxecto-CeMIT-Innova-impulsar-innovación-social-dixital-comunidadeA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec, presentou hoxe en Santiago o proxecto “CeMIT-Innova: Fomento da innovación social dixital” no marco dunha xornada formativa para os axentes implicados

No encontro, inaugurado pola directora da Amtega, Mar Pereira, explicóuselles aos responsables das aulas CeMIT os obxectivos e as fases desta iniciativa, que busca sentar as bases para a implantación en Galicia da Innovación Social Dixital co soporte da Rede de Aulas CeMIT.

Mar Pereira sinalou que as aulas serán o epicentro da iniciativa, xa que serán lugares de diálogo e debate cidadán no que analizar necesidades e propoñer solucións

A directora da Amtega lembrou que a innovación social dixital busca empregar as tecnoloxía para resolver retos locais ligados á educación á saúde, ao emprego, e en definitiva ao benestar da cidadanía. Son solucións e proxectos sociais, que teñen as TIC de base e que son deseñados polos seus protagonistas: cidadáns e axentes locais que detectan as necesidades máis inmediatas da súa contorna e formulan posibles solucións.

Fases do Proxecto
Tras a xornada de hoxe crearase unha comunidade virtual na que os responsables das aulas poderán compartir experiencias e formular proxectos concretos de innovación social, que servirán para seleccionar as 10 aulas que participarán no piloto.

Na segunda fase, as aulas seleccionadas realizarán talleres de traballo locais para detección de necesidades sociais da súa contorna que se poidan resolver con proxectos de Innovación Social Dixital A terceira fase será a da aplicación das solucións definidas no ámbito local, a medición de resultados e a súa avaliación.

O seguinte paso será a elaboración dunha Guía metodolóxica cos resultados da avaliación dos proxectos en 2015, e un manual uso das principais ferramentas colaborativas do proxecto. Esta publicación facilitará a a extensión destas solucións ás aulas que estean interesadas en empregalas.

Durante o desenvolvemento do proxecto os responsables das aulas CeMIT seleccionadas contarán con acompañamento e asesoramento dun mentor experto en Innovación Social que servirá de apoio ás tarefas de detección, análise, deseño, posta en práctica e avaliación dos seus proxectos de Innovación Social Dixital.

A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Desde a súa posta en marcha, hai catro anos, a Rede leva impartidas máis de 144.000 horas de formación e conta con máis de 42.000 usuarios rexistrados.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.