spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA actriz Charlo López chega a Redondela co espectáculo “Verso a verso”

A actriz Charlo López chega a Redondela co espectáculo “Verso a verso”

a-actriz-charlo-lopez-chega-a-redondela-co-espectaculo-verso-a-versoSerá este sábado, 26 de outubro, no auditorio da Xunqueira, con entrada de balde. Na representación, xunto ao barítono Luís Santana e o pianista Víctor Carbajo, a actriz fai un percorrido polos grandes autores da literatura con poemas de Lorca, Machado ou Miguel Hernández, entre outros.

Revista Cousas de Nº23

O Concello de Redondela programou para este sábado, día 26, “Verso a Verso”,  un espectáculo que reivindica a importancia da poesía da man da recoñecida actriz Charo López. A representación, prevista ás 20.00 no auditorio da Xunqueira, “convida a facer unha pausa nestes tempos de vertixe e deixar un pequeno lapso para a música e a poesía”, explica a propia intérprete. No recital Charo López comparte escenario co barítono Luís Santana e o pianista Víctor Carbajo, con cancións seleccionadas en función do autor e a época. Así, o recital fai un percorrido polos grandes autores da literatura española desde o século XVI até hoxe, con poemas de Lorca, Machado, Miguel Hernández ou Santa Teresa de Jesús, entre outros. Entre as cancións que interpretará Santana poderemos atopar temas populares da música española, arxentina ou francesa. Os artistas explican que “a poesía funciona como unha fotografía que é capaz de recoller en palabras, nun instante, nun golpe de luz, as imaxes que enfoca, e axúdanos a reconstruír o noso pasado, presente e futuro na medida na que os retrata coas súas palabras”.

Luís Santana estudou con grandes mestres da lírica e está especializado no repertorio vocal, desenvolvendo unha incesante actividade concertística.

O pianista Víctor Carbajo, músico e compositor, acompaña habitualmente a figuras moi coñecidas da lírica española e a canción.

A actriz é dabondo coñecida pola súa longa traxectoria tanto no teatro como no cinema e a televisión. O recoñecemento ao seu gran traballo chégalle en 1980 con Fortunata e Jacinta e Os gozos e as sombras, dúas series de gran éxito. Posteriormente encadea traballos relevantes en cinema con algúns dos mellores directores do país, e consegue o Goya á mellor actriz de reparto polo seu papel en Secretos del corazón, película de Montxo Armendáriz que foi candidata ao Óscar. A pesar do seu percorrido polas pantallas de cinema e televisión, ela considérase, sobre todo, unha actriz de teatro “que leva o escenario dentro”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.