spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA actividade “Lectura na rúa” congregará en Redondela a un milleiro de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará en Redondela a un milleiro de escolares e maiores na Alameda Castelao

a-actividade-lectura-na-rua-congregara-en-redondela-a-un-milleiro-de-escolares-e-maiores-na-alameda-castelaoRedondela celebra o Día Internacional da Libro coa quinta edición deste evento no que participará alumnado dun total de 15 centros de ensino de Infantil, Primaria e Secundaria así como usuarios e usuarias de 5 Centros de Día de maiores. Será unha gran festa do libro e a cultura nunha emotiva xornada de convivencia interxeracional.

Revista Cousas de Nº24

O vindeiro 23 de abril, Día Internacional do Libro, a Alameda Castelao acollerá a V edición de “Lectura na rúa”. Esta iniciativa, que xurdiu desde o CEP Plurilingüe Santa Mariña, conta agora coa participación de todos os centros de ensino. “Lectura na rúa” converteuse tamén nunha xornada de convivencia interxeracional ao que asisten usuarios e usuarias de cinco Centros de Día de maiores de Redondela. O obxectivo deste evento é fomentar a lectura “compartindo a maxia dos libros e da música nunha contorna atractiva e diferente, rodeados de toda a comunidade educativa e da veciñanza da vila”.

Coa apoio e financiamento do Concello de Redondela e a colaboración das Bibliotecas Municipais e a ANPA Ernestina Otero, o evento converteuse nunha gran festa da lectura e a cultura compartidas na que participan ao redor dun milleiro de rapaces, rapazas e maiores. Asistirán 15 centros educativos de Infantil, Primaria e IES de Redondela, ademais de 5 Centros de Día do municipio que se xuntarán na Alameda Castelao para celebrar esta xornada.

O evento, que se estenderá dende as 10:30 ata as 13:00 horas, contará con desfile de contos, cancións, bailes, lectura compartida e intercambio de marcadores de libros. Non faltará a música co grupo de Pandeiretas Anaquiños de Chapela e o espectáculo de Barafunda Animación. Ademais, o alumnado dos institutos participará nun obradoiro de ilustración con Víctor Rivas, artista de banda deseñada e ilustrador de obras tan coñecidas como Esmeraldina ou Escarlatina, de Ledicia Costas. O concelleiro de Ensino, Iván Valles, confía en que a iniciativa sexa “un éxito” como en edicións anteriores, e agradece ao CEP Santa Mariña e o resto de centros a súa implicación. A alcaldesa, Digna Rivas, afirma que desde o Concello “estaremos sempre apoiando iniciativas como esta, na que a cidadanía, tanto a infancia como os maiores, é a protagonista”.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.