spot_img
InicioBaixo MiñoO traxe de Tui protagonista dunha exposición na Oficina de Turismo

O traxe de Tui protagonista dunha exposición na Oficina de Turismo

o-traxe-de-tui-protagonista-dunha-exposicion-na-oficina-de-turismoO traxe tradicional de Tui é o protagonista da exposición que durante as festas de San Telmo se pode visitar na Oficina Municipal de Turismo, no céntrico Paseo da Corredoira.

Revista Cousas de Nº24

A Asociación do Traxe de Tui, en colaboración co Concello de Tui, promove esta iniciativa coa que reivindican a importancia do traxe tradicional e ao tempo se suman á Festa do Meixón.  Na mostra expóñense dous traxes, un de home e outro de muller, xunto ao estandarte da propia asociación, así coma outros detalles coma bonecos en miniatura co traxe de Tui realizados por Mar Fandiño. Para levar a cabo a mostra involucraron a socios e socias que traballaron na recreación dun restaurante nunha das salas da Oficina de Turismo, no que non faltan as cazolas de barro, os tenedores de madeira, e o viño Señorío de Pernas. Tamén se suman establecementos tudenses colaboradores da asociación coma La de Manu ou La Flor.

A exposición visible tanto dende o exterior coma do interior poderá visitarse ao longo de todas as festas de San Telmo.

A concelleira de Turismo, Ana Núñez, felicitou á Asociación do Traxe de Tui pola elaboración desta exposicións, coa que se reivindica tamén a importancia do traxe de Tui

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.