spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA 15K Atlántico Banco Mediolanum chega a súa novena edición

A 15K Atlántico Banco Mediolanum chega a súa novena edición

A 15K Atlántico Banco Mediolanum chega a súa novena ediciónO vindeiro domingo 23 disputarase a 15K del Atlántico Banco Mediolanum a xa tradicional 15K del Atlántico Banco Mediolanum que este ano chega a súa novena edición, consolidándose como unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego

Revista COUSAS DE Nº15

Este martes presentouse a novena edición da 15k del Atlántico – Banco Mediolanum, nun entorno único por onde pasará a proba o próximo 23 de outubro, a Explanada do Horizonte, en Portecelo,  O Rosal.

A proba deportiva referente do running galego que reunirá este ano ao redor de 600 corredores na 15k categoría e 200 na categoría de andaina,  empregando parte do percorrido do Camiño Portugués da Costa que conduce a Santiago.

O inicio da proba da carreira será el día 23 ás 11:00 horas dende o Campo de fútbol de Oia, con chegada ao Porto da Guarda. No caso da andaina, a saída será dende o mesmo lugar pero ás 10:00 horas.

A organización disporá dun servicio de autobús antes e despois da proba

A presentación desta mañá contou coas intervencións de Cristina Correa, alcaldesa de Oia, que destacou na súa intervención o gran impulso para a localidade dun evento así, cunha alta participación. Anxela Fernandez, alcaldesa do Rosal, coincidía coa súa homóloga e destacaba a visibilidade que ten un evento onde acode máis dun 90% de participantes de fora da comarca. Antonio Lomba, alcalde da Guarda, comentaba que o gran impacto que ten a proba dende fai xa 9 anos vese reflexado nos negocios locais durante toda a fin de semana.

Pola súa parte, Ivonne Pousa, responsable de Banco Mediolanum zona norte, comentaba a importancia da proba para a entidade, onde cada ano ten unha maior difusión, non só nacional, incluso en Portugal, así como a importancia da unión do deporte coa solidaridade e os valores que todo elo conleva.

A proba conta cunha parte solidaria, onde doarase un euro de cada inscrito a DOWN VIGO, así como a apertura dunha fila 0 en MI GRANO DE ARENA, para intentar recadar unha maior cantidade de recursos para dita asociación.

As inscricións seguen abertas ata o 19 de outubro na web oficial do evento https://bancomediolanum15kseries.com/

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.