Máis de 3.100 persoas acudiron ó pavillón das Travesas para ser testemuñas deste histórico partido, o primeiro do Guardés nunha Supercopa de España, no que as campioas de Liga competiron en todo momento, como o demostra o axustado marcador final (26-28), e no que mantiveron o apoio e ánimos dos máis de 800 afeccionados que se desprazaron dende a Sangriña.
O Mecalia Atlético Guardés é, con todo, un orgullo para os seus seguidores e para toda A Guarda. É por isto que dende o Concello queren amosar o seu apoio ao equipo, que contribúe co seu bo facer a dar visibilidade ao deporte feminino e á boa imaxe do deporte galego e guardés.
Parabéns ao Atlético Guardés, digno rival do Rocasa na Supercopa de España
Dende o Concello da Guarda “damos os nosos máis sinceros parabéns ás xogadoras e ó equipo técnico do Mecalia Atlético Guardés, que ofreceron un espectáculo marcado pola deportividade no seu encontro co Rocasa Gran Canaria o pasado sábado”. “Igualmente, merecen o noso recoñecemento as xogadoras do Rocasa, merecidas gañadoras da Supercopa.”
Finalmente, dende o Concello queren dedicar un agradecemento especial, tamén, ao Concello de Vigo, á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia, que atenderon as peticións do Concello e grazas aos cales foi posible que esta Supercopa de España de balonmán feminino celebrásese en Galicia.



