O Concello de Baiona, en colaboración co Instituto da Muller, veu desenvolvendo desde setembro do 2014 ata setembro de 2015, o programa IRENE, do cal se beneficiaron 651 persoas do municipio.
O obxectivo do programa foi visibilizar a violencia sexual en adolescentes e mozas como un problema social e estrutural desde a perspectiva de xénero xerando mecanismos de prevención e intervención e o traballo en rede.
En termos xerais os beneficiarios foron: Profesionais de Atención Directa; Profesorado; Adolescentes; Pais e Nais, Axentes Sociais e Sociedade en xeral.
Con todo cada acción do programa estivo deseñada para dar cobertura aos diferentes colectivos de persoas beneficiarias:
1. O 25 de novembro do 2014, tivo lugar a ‘Xornada de Información sobre agresións sexuais’ dirixida a AMPAS, Asociacións de mulleres, Asociacións Veciñais, Persoal político, Axentes sociais do territorio e público en xeral. Ás xornadas acudiu un gran número de persoas. Esta actividade permitiu presentar o Programa IRENE publicamente, á vez que informar sobre determinados aspectos obxectos dos relatorios elaborados por expertos e expertas.
2. O 14 e 15 de maio do 2015 fué a quenda dos ‘Talleres de Prevención e Intervención da Violencia Sexual’ dirixidos a todo o alumnado de Secundaria dos Centros de Ensino do municipio (CPI Covaterreña e IES Primeiro de marzo). En total impartíronse 5 talleres de máis de hora e media de duración cada un, formando a un total de 496 discentes (253 alumnas e 243 alumnos).
3. O 13 e 14 de maio do 2015 celebráronse os ‘Talleres de Formación e Prevención en Violencia Sexual no marco Educativo’ dirixidos ao profesorado de secundaria do territorio.
4. O 25 de xuño celebrouse a ‘Xornada Sobre Violencia Sexual E De Xénero En Mozos E Adolescentes: Unha Proposta Profesional’ dirixida a profesionais de atención directa a vítimas de violencia sexual: Corpos e Forzas de Seguridade, Profesionais do Ámbito Social, Persoal Sanitario, Persoal de Servizos Sociais, Fiscalía, Avogacía e Xudicatura, Educadores; Persoas Expertas en Violencia.
Durante todo o período temporal do Programa IRENE estableceuse un ‘Espazo Virtual referencia en materia de violencia sexual e violencia de xénero no Territorio’. Esta acción naceu como elemento complementario das accións do Programa anteriormente mencionadas e con vocación de impulsar e facilitar o traballo en rede de todas as e os protagonistas do Programa (profesionais de atención directa; persoal educativo; adolescentes; pais e nais, axentes sociais, sociedade en xeral). O seu obxectivo foi o de establecer un espazo virtual propio do programa no territorio que facilitase un coñecemento inmediato sobre: conceptos básicos sobre violencia sexual e violencia de xénero; detección; pautas de actuación; recursos; noticias; desenvolvemento do programa, e posibilitar un fluxo de información constante entre a poboación destinataria do programa e as responsables do mesmo no territorio. Para ese efecto, a súa organización se adecuou á estrutura organizativa das accións do Programa no territorio (Xornada de Información sobre agresións sexuais; Talleres de información e intervención de violencia sexual no marco educativo; Curso de formación de asistencia primaria a vítimas de violencia sexual), e engadindo unha área de ‘información de interese’ e outra de ‘ligazóns’. O espazo web virtual está activo na páxina web do municipio e seguirase nutrindo a través de información actual sobre a materia.
Coa implementación do Programa IRENE no Concello de Baiona, estableceuse unha rede informal entre os profesionais de atención directa ás vítimas, profesionais do ámbito xurídico, social, psicolóxico, sanitario e Forzas e Corpos de seguridade o que leva unha mellor coordinación de todos os axentes implicadas na atención directa, evitando unha victimización secundaria e ofrecendo unha atención integral e coordinada máis eficaz.
Ademais, os resultados do Programa e as necesidades detectadas serán tidas en conta para a elaboración do próximo Plan Municipal de Igualdade e concretamente para a área de prevención e intervención en Violencia de Xénero.
O pasado día 25 de novembro ?Día Internacional contra a Violencia de Xénero? ás 12:00h. o Concello de Baiona procedeu a dar lectura da Declaración aprobada no pleno do Concello, contra a Violencia de Xénero e gardando un minuto de silencio en sinal de condena, repulsa e solidariedade coas vítimas e as súas familias.




