O Club Baloncesto Nigrán e a Federación Galega de Baloncesto están inmersos na organización da III EDICIÓN DO TORNEO SOLIDARIO ‘ENCESTA UN ALIMENTO’ que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Panxón os días 22 e 23 de Decembro.
Trátase do torneo máis grande organizado por este club de baloncesto nigraniense que encherán o Pavillón Municipal da localidade durante dous días.
Máis de 20 clubs, con máis de 60 equipos xa confirmaron a súa asistencia ao evento.
Máis de 600 nenos e nenas que gozarán practicando o seu deporte favorito ao longo de dúas xornadas que tedrán ademais un importante carácter solidario xa que cada un dos xogadores e xogadoras que participen achegarán un alimento non perecedoiro, do mesmo xeito que poderá facer o público asistente. Posteriormente, no acto de clausura do torneo , farase entrega da totalidade dos alimentos recolleitos ao banco de alimentos co fin de ser destinados ás familias máis necesitadas.
Desde a categoría baby, ata a categoría cadete, pasando polas categorías benjamín, alevín e infantil,desfilarán polo polideportivo municipal ao longo do xoves 22 e venres 23 para disputar diferentes partidos e compartir unha xornada de deporte, convivencia e festa .
Os partidos serán arbitrados por colexiados da Federación Galega de Baloncesto que participan de maneira voluntaria e desinteresada, do mesmo xeito que fixeron na edición do ano pasado . Ademas dos encontros deportivos realizásense aos longo dos dous días o sorteo de diferentes agasallos entre todos os asistentes.



