spot_img
InicioVal MiñorNigrán40 proxectos empresariales seleccionados para a Fase de Academia da 3ª Edición...

40 proxectos empresariales seleccionados para a Fase de Academia da 3ª Edición da Aceleradora Viagalicia que promove a Xunta e o Consorcio da Zona Franca

Porto Molle - Zona Franca

De entre os 314 proxectos presentados á 3ª Edición da Aceleradora de Empresas e Emprendedores VIAGALICIA, promovida polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, fixéronse públicos os nome dos 40 proxectos, 20 por sede de Vigo e 20 por Lugo , que participarán na Fase de Academia.

A Fase de Academia, de sete semanas de duración, desenvolverase os venres pola tarde e os sábados pola mañá. Prevese que as sesións se inicien na sede de Vigo o vindeiro venres 30 de outubro, e na sede de Lugo o venres 6 de novembro. O obxectivo desta fase será validar, seguindo a metodoloxía Lean Startup, aspectos relacionados coa proposta de valor e o modelo de negocio dos diferentes proxectos, a partir dun enfoque eminentemente práctico baseado na experimentación. Ademais, os responsables dos diferentes proxectos participarán en mesas redondas con recoñecidos actores do ecosistema emprendedor, e terán acceso a titores e mentores especializados.

VIAGALICIAPara perfeccionar os modelos de negocio en cada unha das sedes de Lugo e Vigo, formaranse a 20 equipos de emprendedores

Tras a Fase de Academia celebrarase un Demo Day en cada unha das sedes que permitirá avaliar cales serán os 15 finalistas que participarán no proceso de aceleración que terá lugar no Centro de Negocios de Porto do Molle. Estes 15 finalistas poderán recibir unha contribución financeira de ata 125.000 euros, dos que 75.000 serán achegados pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación e Xes Galicia e os outros 50.000 polo Consorcio a través da sociedade de capital-risco Vigo Activo. Ademais destas cantidades, que se entregarán baixo as modalidades de subvención a fondo perdido e de préstamos participativos, os finalistas terán servizos personalizados de mentoring e un espazo gratuíto no Coworking do Centro de Negocios de Porto do Molle.

A listaxe de proxectos seleccionados para as sedes de Vigo e de Lugo, son os que figuran mais abaixo:

ViaGalicia 40 proyectos Lugo con actividad

ViaVigo 40 proyectos Vigo con actividad

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.