Inicio Alto Minho 350 deportistas de España e Portugal participarán no VI Campionato Ibérico de...

350 deportistas de España e Portugal participarán no VI Campionato Ibérico de Kung Fu da Eurocidade Tui-Valença

Deportistas de España e Portugal participarán no VI Campionato Ibérico de Kung Fu que se celebra en TuiPreto de 350 deportistas, a partir dos 8 anos, van a participar no VI Campionato Ibérico de Kung Fu moderno e tradicional da Eurocidade, que terá lugar no novo Pavillón Municipal de Tui este domingo a partir das 10.30h.

Os participantes proveñen de Valencia, Castela e León, Castela a Mancha, Andalucía, Madrid, Asturias e todo o territorio galego, ademáis de varios clubs de Portugal.

Na presentación que tivo lugar esta mañá, estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o director do campionato, Eduardo Méndez, o director do departamento de Kung Fu moderno, Aarón Blanco, o vicepresidente da Federación Galega de Kung Fu, José Luis Rodríguez e o campión do mundo de Kung Fu, Julio Conde.

Deportistas de España e Portugal participarán no VI Campionato Ibérico de Kung Fu que se celebra en Tui

A competición estará baseada en aspectos técnicos, estéticos e educativos, a nivel individual e por equipos. Cada equipo terá que facer tres probas, unha de combinación de movementos libres, un de defensa persoal e un Tao (Patrón de Movementos). Na modalidade de Kung Fu Moderno, haberá coreografías de movementos marciais con e sen aparatos, baseadas en rutinas de 1.20 minutos de duración e que se avalían por contidos técnicos e de dificultade.

A Federación galega de Kung Fu ademáis adheriuse á campaña pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, polo que contan cun sistema de competición onde mulleres e homes compiten en igualdade de condicións e  posibilidade de equipos mixtos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu tanto á Federación Galega de Kung Fu como o club Di Som Tui, organizadores deste campionato, o traballo realizado, e destacou tamén o valor do carácter transfronteirizo e de igualdade deste campionato

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies