Inicio Reportaxes 2,8 millóns de establecementos comerciais e pequenas empresas reciben folletos informativos sobre...

2,8 millóns de establecementos comerciais e pequenas empresas reciben folletos informativos sobre o novo billete de 20€ que comezará a circular o 25 de novembro

Como parte dos preparativos para a posta en circulación do novo billete de 20 euros, 2,8 millóns de establecementos comerciais e pequenas empresas recibirán folletos informativos e cartóns holográficas

As empresas deberán asegurarse de que as súas máquinas de tratamento de billetes e dispositivos autenticadores están preparados para aceptar o novo billete.

2,8-millóns-establecementos-comerciais-pequenas-empresas-reciben-folletos-informativos-sobre-novo-billete-20€-comezará-circular-25-novembroO novo billete inclúe un elemento de seguridade innovador: unha «xanela con retrato» inserida no holograma. Ao mirar o billete a contraluz, a xanela vólvese transparente e mostra un retrato do personaxe mitológico Europa, que pode verse en ambos os lados do billete.

O novo billete de 20 euros, do mesmo xeito que os novos billetes de 5 euros e 10 euros, inclúe tamén un «número verde esmeralda» e un retrato de Europa na marca de auga.

Os billetes en euros son utilizados na actualidade por 338 millóns de persoas de 19 países e teñen un valor facial combinado dun billón de euros

O novo billete de 20 euros é o terceiro da serie Europa que está a substituír gradualmente á TOQUE.-Novedad Hay una serie de líneas cortas en relieve en los bordes izquierdo y derecho. MIRE.-Novedad – Marca de agua con retrato También se aprecia un retrato de Europa. Novedad – Ventana con retrato en el holograma Al trasluz, la ventana situada en la parte superior del holograma se vuelve transparente y muestra un retrato de Europa en ambos lados del billete GIRE.-Novedad – Numero verde esmeralda Este número brillante produce un reflejo metálico que se desplaza verticalmente. También cambia su color del verde esmeralda al azul oscuro. Novedad – Ventana con retrato en el holograma La ventana situada en la parte superior del holograma muestra un retrato de Europa. Al inclinar el billete, muestra líneas multicolor alrededor del número que indica su valor. En el reverso, aparecen números multicolor que indican el valor del billete.serie orixinal de billetes en euros introducida en 2002. O billete de 5 euros da serie Europa foi emitido en maio de 2013 e o de 10 euros, en setembro de 2014. Ao billete de 20 euros seguiranlle os novos billetes de 50, 100, 200 e 500 euros..

NOVIDADE

Os novos billetes en euros manteñen o deseño <épocas e estilos> da primeira serie e mostran os mesmos cores dominantes, aínda que foron modificados lixeiramente para incorporar elementos de seguridade mellorados.

Agora tamén teñen en conta aos países que se integraron na UE desde 2002. Por exemplo, Malta e Chipre aparecen no mapa de Europa, <euro> está escrito en alfabeto cirílico ademais de latino e grego, e as siglas do BCE figuran en nove variantes lingüísticas, en lugar de cinco.

Por que necesitamos novos billetes?
É moi importante actualizar e mellorar periodicamente os elementos de seguridade dos billetes en euros para dificultar a súa falsificación. O novo billete de 20 euros inclúe unha innovadora xanela con retrato que pode verse en ambos os lados do billete cando se mira a contraluz.

2,8-millóns-establecementos-comerciais-pequenas-empresas-reciben-folletos-informativos-sobre-novo-billete-20€-comezará-circular-25-novembroA nova serie mostra un retrato de Europa, personaxe da mitoloxía grega que dá nome ao noso continente. O retrato utilizado nos billetes da serie Europa tomouse dun vaso de máis de 2.000 anos de antigüidade atopado no sur de Italia e conservado no Museo do Louvre en Paris.

 

 

 

TOCAR, MIRAR E VIRAR

2,8-millóns-establecementos-comerciais-pequenas-empresas-reciben-folletos-informativos-sobre-novo-billete-20€-comezará-circular-25-novembro

TOQUE.-Novidade

Hai unha serie de liñas curtas en relevo nos bordos esquerdo e dereito.

MIRE.-Novidade – Marca de auga con retrato.Tamén se aprecia un retrato de Europa.

Novidade – Xanela con retrato no holograma. A contraluz, a xanela situada na parte superior do holograma vólvese transparente e mostra un retrato de Europa en ambos os lados do billete

VIRE.-Novidade – Numero verde esmeralda.Este número brillante produce un reflexo metálico que se despraza verticalmente. Tamén cambia a súa cor do verde esmeralda ao azul escuro.

Novidade – Xanela con retrato no holograma.A xanela situada na parte superior do holograma mostra un retrato de Europa. Ao inclinar o billete, mostra liñas multicolor ao redor do número que indica o seu valor. No reverso, aparecen números multicolor que indican o valor do billete.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies