spot_img
InicioO Salnés18 seleccións e máis de 500 persoas daranse cita no Salnés no...

18 seleccións e máis de 500 persoas daranse cita no Salnés no III Torneo Internacional de Balonmán Deputación de Pontevedra

18 seleccións e máis de 500 persoas daranse cita no Salnés no III Torneo Internacional de Balonmán Deputación de PontevedraBegoña Estévez salientou o éxito da edición de 2013, que animou a Federación a repetir nos concellos de Meaño, Cambados e Sanxenxo

18 seleccións de diferentes puntos de España e Europa e máis de medio milleiro de persoas daranse cita a vindeira fin de semana no Salnés con motivo do III Torneo Internacional de Balonmán Deputación de Pontevedra. O torneo foi presentado esta mañá en rolda de prensa pola deputada provincial Begoña Estévez, acompañada do representante da Federación Galega de Balonmán, Javier Álvarez, da alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, e do concelleiro de Deportes de Cambados, Juan Ramiro Gómez.

Na súa intervención Begoña Estévez subliñou o éxito da anterior edición, que tivo lugar tamén no Salnés e que animou a Federación Galega a repetir experiencia nos concellos de Meaño, Sanxenxo e Cambados.

Javier Álvarez agradeceu a colaboración da Deputación e dos tres concellos, que novamente fan posible manter un campionato “dos que xa quedan moi poucos”, porque representa un grande esforzo económico e de organización ó que, en moitas partes, se renunciou. Subliñou que o Torneo Internacional Deputación de Pontevedra permitirá que as seleccións galegas cheguen en mellores condicións ó Campionato de España, que se vai disputar en xaneiro en Castellón e para o cal a proba desta fin de semana servirá de preparación.

O torneo comezou disputándose só na categoría cadete en 2012; en 2013 sumou a infantil e nesta edición incluirase tamén a xuvenil.

Na categoría xuvenil masculina (deportistas nados en 1997 e 1998) participarán as seleccións de Portugal, Asturias e Galicia, e na feminina Asturias, Cantabria e Galicia. Na categoría infantil masculina (2011 e 2002) competirán Galicia e os equipos portugueses de Aguas Santas e Santo Tirso, mentres que na feminina o farán Galicia e os equipos Alpendorada e Cale, tamén de Portugal.

Finalmente en cadete masculino enfrontaranse Asturias, Cantabria e Galicia, e na categoría feminina disputarán o torneo a selección galega, outra da rexión holandesa de Zuid e Asturias.

- Publicidade -spot_img