spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda150 xoves da Ruta Quetzal visitan o Monte Santa Trega

150 xoves da Ruta Quetzal visitan o Monte Santa Trega

150 xoves da Ruta Quetzal visitan o Monte Santa TregaOs xoves, provenientes de diversos puntos de España, realizaron unha visitan polos diferentes puntos de interese do Monte Trega da Guarda para coñecer máis sobre a súa historia e patrimonio

Revista COUSAS DE nº14

A Ruta Quetzal, con ao redor de 150 xoves de 15 e 16 anos e provenientes de diversos puntos da xeografía española, visitaron este mércores 20 de xullo os lugares máis emblemáticos do Monte Santa Trega, un lugar de gran riqueza cultural e patrimonial do municipio da Guarda.

Os xoves subiron ao Monte Santa Trega para coñecer a súa historia arqueolóxica a través de unha visita polo poboado castrexo de Santa Trega, con máis de dous mil anos de antigüidade que caracterizan a historia deste lugar.

A Ruta Quetzal é un programa de estudo e aventura creado en 1979 por suxerencia do Rei de España naquel momento, Juan Carlos I, e o periodista Miguel de la Quadra-Salcedo, co obxectivo de consolidar entre a xuventude os chave da Comunidad Iberoamericana de Nacións entre todos os países de fala hispana, incluídos Brasil e Portugal.

A expedición que levará a cabo este ano os xoves da Ruta Quetzal conmemora o Ano Santo Xacobeo 2022 a través da denominada Expedición Translatio. Con ela, los 150 xoves revivirán  durante dez días a historia do Apóstolo Santiago.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.