spot_img
InicioVal MiñorBaiona120 escolares de Escola de Verán de Baiona colaboran con alumnos do...

120 escolares de Escola de Verán de Baiona colaboran con alumnos do Centro Juan María nun taller de manualidades

Baiona-Escuela de Verano y Juan María

A céntrica rúa Carabela Pinta de Baiona converteuse  nun improvisado taller de manualidades con materiais reciclados con máis de medio centenar de protagonistas. 60 nenos e nenas que participan da Escola de Verán do Concello de Baiona compartiron a actividade con usuarios do centro de formación ocupacional para persoas con discapacidade Juan María de Parada. A mesma actividade foi protagonizada no parque da Ramallosa polos 60 nenos e nenas que participan na escola de verán no colexio de Sabarís.

Os pequenos e os alumnos do Juan María gozaron dunha mañá moi enriquecedora na que a axuda foi mutua. Entre as actividades que compartiron están a elaboración de deseños sinxelos a partir de cartón e pinzas da roupa, a construción de “esculturas” a partir da ensamblaxe de elementos chairos de cartón ou a elaboración de “esculturas” con arame e contas de cores?

Os mozos e mozas do Juan María estaban entusiasmados axudando aos máis pequenos, a Directora do centro manifestou que este tipo de actividades nas que os alumnos do centro participan con nenos é fundamental para a inclusión real de persoas con discapacidade intelectual. Ademais, esta actividade axudará aos máis pequenos no seu desenvolvemento persoal. Á vez que se divirten aprenderán unha gran lección. Asimilarán o importante que é a diversidade, o compartir, o axudar etc.

Ángel Rodal, alcalde de Baiona visitou o taller e felicitou aos usuarios polo resultado dos seus traballos, que “dan mostra das capacidades do colectivo”, subliñaba. Un logro no que tamén ten que ver moito a implicación dos profesionais do centro, indispensable -engadía- para fortalecer a súa integración na sociedade.

- Publicidade -spot_img