spot_img
InicioVal MiñorBaionaUn proxecto de xestión da auga da Deputación en Baiona, seleccionado entre...

Un proxecto de xestión da auga da Deputación en Baiona, seleccionado entre os 22 mellores proxectos medioambientais europeos

Un proxecto de xestión da auga da Deputación en Baiona, seleccionado entre os 22 mellores proxectos medioambientais europeosO proxecto de Xestión da Auga WIZ que a Deputación, con financiación do programa europeo Life e a colaboración do Instituto Tecnolóxico de Galicia, desenvolveu en Baiona foi seleccionado como un dos 22 mellores proxectos medioambientais desenvolvidos en Europa entre os 102 finalistas evaluados en 2014 pola European Commission, Comisión de Medioambiente (DG Environment) da UE. A Deputación recibirá unha placa conmemorativa nunha cerimonia que terá lugar o vindeiro 4 de xuño en Bruselas.

Unha vez rematado con éxito o programa WIZ de Xestión da Auga en Baiona,  a Comisión evaluou os seus resultados e resolveu integralo nos 22 mellores proxectos medioambientais desenvolvidos en Europa o ano pasado dos que sairá o mellor proxecto europeo.

Ferramenta de xestión da auga potable

WIZ é un proxecto europeo desenvolvido pola Deputación e o Instituto Tecnolóxico de Galicia que permite aos xestores, cidadáns e empresas dispoñer de información transparente da xestión da auga potable.  O seu obxectivo é propiciar un consumo responsable da auga.

O programa desenvolveu unha ferramenta informática asociada a unha base de datos na que se recollen volumes dos depósitos, volumes dos embalses, consumos a través de sensores de empresas ou fogares, estado das canalizacións, alcantarillas, etc….. Permite dar datos fiables que axuden a adoptar decisións. E permite tamén dar información a usuarios e empresas da situación da auga e da rede.

Coa súa implantación en Baioa, o Concello optimizará o uso da auga e xestionará mellor este recurso de tal xeito que o suministro será máis seguro e máis controlable, evitará os problemas de sequía ou de crecidas, posibilitará para o usuario información real e puntual e, entre outros aspectos, controlará o consumo e distribución da auga on-line. En definitiva, WIZ permitirá ao Concello de Baiona resolver o problema da auga e planificar accións futuras ao tempo que aforra auga e evita perdas dela, ata nun 15%.

1,5 millóns para un plan similar de saneamento

O programa WIZ está intimamente relacionado con outro programa europeo, SanePlan, que, cunha inversión de 1,5 millóns, desenvolve a Deputación para mellorar o sistema de saneamento dos concellos e adaptalo á normativa da UE que entrará en vigor este ano de 2015.

En SanePlan participan o Instituto Tecnolóxico de Galicia, a Deputación e a rexión italiana da Toscana.

O obxectivo de SANePLAN é mellorar a Xestión do Saneamento mediante o desenvolvemento dun Sistema de Información que integre o saneamento e os seus elementos (tanto redes como instalacións de depuración) coa planificación urbana, permitindo dimensionar e planificar en función das necesidades actuais e futuras baixo condicionantes de coste, protección do medio, poboación e cambio climático.

Un Concello italiano e catro de Pontevedra

O programa implantaráse en cinco concellos _un na rexión da Toscana (Italia), e catro na provincia de Pontevedra_ e busca a mellora da xestión das augas residuais, da calidade das augas de verquido, da xestión  e deseño das infraestruturas hidráulicas de xeito moderno e eficiente, integrar a xestión da agua na xestión urbanística, protexer o entorno natural e urbán, aforrar custos de enerxía e asegurar o futuro dos recursos hídricos.

A experiencia piloto de SanePlan desenvolveráse en Baiona e tres concellos da Mancomunidade do Salnés _Cambados, Vilanova e Ribadumia_ que comparten rede de saneamento, depuradora, etc.

- Publicidade -spot_img