Este fin de semana pasado medio centenar de baioneses (de diferentes colectivos, asociacións e veciños) visitaron a planta de reciclaxe en Cerceda en Coruña, SOGAMA.
Esta iniciativa xurdiu da Concellaría de Medio Ambiente en colaboración con Sogama.
Desde o Concello de Baiona queren realizar unha gran campaña de concienciación e sensibilización en todas as parroquias e como inicio desenvolveuse esta visita na propia central cos responsables dos distintos colectivos.
Desde o punto de vista dos participantes a visita foi moi frutífera por intercalarse na xornada tanto charlas en salas con foros abertos coa presenza in situ en todo o sistema de reciclaxe de Sogama.
Dicir que a Sogama están adheridos na actualidade 296 municipios ou o que é o mesmo 2.300.000 habitantes de toda Galicia e recibe cada ano unhas 900.000 toneladas para posteriormente convertelas en enerxía eléctrica e a selección do inorgánico para o seu posterior tratamento e reciclaxe.
No mesmo foro o Concelleiro de Medio Ambiente Anxo Rodal quixo dar datos exactos de reciclaxe en Baiona, no ano 2014 desde Baiona trasladáronse a Sogama 6000 toneladas de residuos sólidos urbanos e 175 toneladas de inorgánico, pois o cartón e o vidro teñen outras vías de reciclaxe e non chegan a Sogama. En Pontevedra só o 35% teñen a recollida de residuos sólidos urbanos municipalizada como é o noso caso, mentres que o 65% restante téñena privatizada.
O ano pasado Baiona tivo unha reciclaxe superior ao da media galega do 12%.
Desta maneira os veciños saíron aínda máis concienciados da importancia que podemos ter cada un de nós á hora de separar o lixo que xeramos nas nosas casas, que con iniciativas como esta e levadas á práctica posteriormente? gañaremos todos? tanto os cidadáns, os organismos oficiais e os servizos de xestión de residuos e moi especialmente o noso medio ambiente.




