Os anfibios e réptiles do Baixo Miño, protagonistas na granxa escola Corazón de Carballo de Tomiño

os-anfibios-e-reptiles-do-baixo-mino-protagonistas-na-granxa-escola-corazon-carballo-tomino

O biólogo Fernando Martínez ofrecerá unha charla sobre estes animais

A granxa escola e centro de ocio e tempo de lecer Corazón de Carballo, en Tomiño, acolle este sábado 20 de xaneiro a partir das 19.00 horas unha nova charla, nesta ocasión sobre os anfibios e réptiles do Baixo Miño.

O biólogo Fernando Martínez falará nesta ocasión das súas investigacións sobre a bioxeografía, ecoloxía e conservación das poboacións naturais de anfibios e réptiles centradas nas da área do Baixo Miño.

Esta charla acompaña ao proxecto educativo co que Corazón de Carballo abriu as súas portas, a exposición ‘Amigo Lobo. Lenda e realidade do Lobo ibérico’, do biólogo e fotógrafo Carlos Sanz, colaborador durante anos de Félix Rodríguez de la Fuente. Todos os visitantes poderán desfrutar ademais dun percorrido didáctico e dinámico polas instalacións da escola no que se tocarán temas relacionados co medio ambiente e a natureza, o coidado da horta, os animais de granxa, enerxías renovables, procesos de compostaxe, elaboración de queixos…

os-anfibios-e-reptiles-do-baixo-mino-protagonistas-na-granxa-escola-corazon-carballo-tominoA granxa escola completa a súa oferta con visitas informativas guiadas pola exposición de ‘Amigo Lobo’ os venres e domingos a partir das 19.00 horas da man de expertos loberos de Acopo Fauna. Ademais, o vindeiro sábado 27 de xaneiro haberá unha nova charla, nesta ocasión a cargo de Luis Miguel González, que dará unha visión diferente sobre o coidado das hortas.

Ao mesmo tempo que se realizan as charlas e visitas guiadas haberá un espazo de talleres e actividades con monitores para os nenos e nenas.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies