spot_img
InicioVal MiñorNigránO Nigránjazz celebra o décimo aniversario do festival recuperando os dous días...

O Nigránjazz celebra o décimo aniversario do festival recuperando os dous días de programación

Kurt-JazzKurt Rosnwinkel, considerado unánimemente como o guitarrista de jazz máis influente dos últimos vinte anos, abre o Nigránjazz o 29 de xulio.

O crooner galego Javier Marcos presentará o día 30 de xullo o seu primeiro disco en solitario ‘Ten Dez’, gravado a quinteto cos mellores músicos da escena local
Unha exposición ao aire libre cos carteis do últimas dez edicións completará a programación

O festival Nigranjazz organizado polo Concello de Nigrán celebra a súa décima edición cunha programación especial que o consolida definitivamente como unha das citas de referencia no circuíto nacional. Así, neste décimo aniversario contará na súa apertura co músico estadounidense Kurt Rosenwinkel, considerado de forma unánime como o guitarrista e compositor de jazz máis influente das últimas dúas décadas e dono dunha técnica virtuosa e moi persoal que estudantes de todo o planeta aspiran a imitar.

Á presenza desta estrela inigualable súmase a ampliación a dous días da programación, polo que por vez primeira haberá clases de lindy-hop e swing e, sobre todo, permitirá a actuación o día 30 do crooner galego Javier Marcos. Paralelamente, unha exposición ao aire libre no paseo da Foz recompilará os carteis destas dez edicións, a maioría froito do xa tradicional concurso de carteis ‘Quin Alborés’.

Así, ‘Kurt Rosenwinkel´s Bandit 65’ abrirá o festival o 29 de xullo na Foz ás 22:00 horas. -Hai artistas que seguen correntes en música e outros que as definen. Rosenwinkel sitúase indiscutiblemente nestes últimos e pasará a formar parte da historia do jazz á altura de John Coltrane-, valorou o organizador e guitarrista profesional Felipe Villar quen, como a crítica, sostén que Rosenwinkel soubo crear unha linguaxe propia como ningún outro guitarrista contemporáneo logrou.

O estadounidense acompáñase para a ocasión dun trío composto por Tim Motzer (guitarra, electrónica) e Gintas Janusonis (batería, percusión). Xuntos explorarán a intersección de guitarras, ritmos, electrónica, experimentalismo, rock psicodélico, improvisación libre e interacción telepática.

Ao día seguinte, o crooner galego Javier Marcos presentará tamén no Auditorio da Foz á mesma hora ‘Ten Dez’, o seu primeiro disco en solitario formando quinteto xunto a Rossolino Marinello (saxo tenor e clarinete baixo), Felipe Villar (guitarra), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Max Gómez (batería), todos eles recoñecidos músicos habituais da escena galega e nacional. ‘Ten Dez’ é unha recompilación de arranxos de standars e outras cancións de autor cantadas en inglés e galego-portugués. Javier Marcos é unha das voces máis destacadas do jazz feito en Galicia, pasando por un crooner clásico ou abordando o cool jazz máis intimista.

Será tamén o sábado o día do swing e lindy-hop. Así, por vez primeira no festival incorpórase o baile de mans da escola Mayeuswing, cuxos profesores dirixirán desde as 20.00 horas na Foz unha clase aberta pola vella. Unha Street band animará antes as rúas da contorna, onde estarán instalados food traks desde o xoves 28 ao domingo 31. Todo iso contribuirá a que esta edición sexa a máis especial ata a data.

KURT ROSENWINKEL
Kurt Rosenwinkel (guitarra, electro?nica); Tim Motzer (guitarra, electro?nica), Gintas Janusonis (Bateria, percusion)
Kurt Rosenwinkel (1970, Philadelphia) ten unha traxectoria de case 25 anos, na que colaborou con artistas como Brad Mehldau, Joshua Redman, Paul Motian, Gary Burton ou Joe Henderson, ademais de publicar unha decena de albums ao seu nome, Rosenwinkel deixou xa unha marca indeleble na música, empapado das ricas e profundas tradicións do jazz pero avanzando nas súas propostas para elevar a súa arte a nuvas alturas, desenvolvendo unha linguaxe propia dunha maneira que ningún outro guitarrista contemporáneo conseguiu.

Considerado de forma unhánime como o guitarrista de jazz más influente das dúas últimas décadas, dono dunha técnica virtuosa e moi persoal, iniciouse no seu instrumento aos 12 anos, arroupado por unha contorna familiar favorable: a súa nai era pianista clásica e o seu pai un gran improvisador. Tras estudar dous anos en Berklee, traballou con ilustres veteranos como Gary Burton e Paul Motian antes de gravar os seus dous primeiros discos como solista, ‘East Coast love affair’ (1996) e ‘Intuit’ (1999); fichado polo prestixioso selo Verve, en 2000 lanzou ‘Enemies of energy’.

Un ano despois grava ‘The next step’, traballo esencial co que redefiniu o seu estilo e son, incorporando a súa propia voz, que utiliza como un instrumento más. Nesa épouca también colaborou con Brian Bladés Fellowship e co rapero Q-Tip, da banda Tribe Called Quest. Desde entón publicou discos como ‘Deep song’ (2005), a colección de standards ‘Reflections’ (2009) e ‘Our secret World’, xunto á portuguesa Orquestra Jazz Matosinhos. O seu último lanzamento discográfico, ‘Star of Jupiter’ (2012), reafirma a Kurt Rosenwinkel como referente imprescindible da guitarra de jazz do século XXI. Actualmente, Rosenwinkel vive en Berlín.

JAVIER MARCOS QUINTETO
Javier marcos (Voz); Rosolino Marinello (Saxo Tenor e Clarinete Baixo); Felipe Villar (guitarra); Jose Manuel Dei?az (Contrabaixo), Max Gómez (Batería).

Ten Dez é o título do primeiro disco en solitario de Javier Marcos, gravado a quinteto con Rosolino Marinello nos saxos e clarinete baixo, Felipe Villar na guitarra, José Manuel Díaz no contrabaixo e Max Gómez na batería.

“Ten Dez” é unha compilación de arranxos de standards e outras cancións de autor cantadas en línguas e galego-portuguesas.

Javier Marcos é unha das voces más destacadas do jazz feito en Galicia, e asiduo da escena jazzistica galega. Desde 2012 lidera también o seu propio trío con guitarra e contrabaixo.

De voz moi persoal, pode pasar por un crooner clásico ou abordar o cool jazz más intimista. Iníciase no jazz para mediados dos 90 e despoués dalgúns anñs apartado do género retómao en 2010, grazas ao bo momento que vive o jazz en Galicia, con multitude de músicos de gran nivel.

É también cantante do grupo de jazz manouche David Regueiro Swingtet e da banda de ska-reggae Transilvanians.

Ten Dez (FreeCode Jazz Records) foi gravado en Coia no mes de xuño de 2015, é unha autoproducción arranxada e mesturada por Felipe Villar, gravada por Alberto Alejos -Mintxo-, con diseño de Rocío Alén e fotografías de Sandra Blanch.

No medio, a coruñesa Raquel Vila. gañadora do Concurso de carteis Quin Alborés.
No medio, a coruñesa Raquel Vila. gañadora do Concurso de carteis Quin Alborés.

Presentación do Festival na Foz

Na presentación que se fixo, Villar manifestou que “Galicia ten na actualidade a maior xeración de músicos da historia, temos que presumir do talento desta xeración e temos que apoialos entre todos”.

Adelantou que “na actualidade está en marcha unha asociación demandando cotas de músico galegos nos festivais, no que é unha Federacióin Nacional de asociacións de jazz”.

Preguntado por como vé a evolución do Festival “para min é un soño, despois do primer ano me envalentoné e empezé a chamar a todo o mundo. Todo o mundo responde. Se se quere, pódese traer case a todo o mundo pois custa menos do que custa unha orquestra de ‘pachangas'”, subliñou.

JAZZ

Nunha época na que os avances técnicos han posibilitado a difusión de noticias por todo o globo coa facilidade con que o fai o vento, non debe resultar sorprendente que as ideas e arquetipos dunha cultura aparezan en calquera outra por dispares e afastadas que estean entre si.

Con todo, poucos transferencias culturais resultan tan sorprendentes como a expansión sufrida por unha música que responde o nome de jazz nos últimos 80 ó 90 anos.

En tempos da primeira Guerra Mundial o jazz era unha música case folklórica, pertencente á cidade de Nova Orleans e aos seus suburbios, executada por uns centenares de músicos e cunha audiencia potencial de ao redor dunhas 50.000 persoas, de raza negra e a mayoria das cales pertenecian á clase baixa da provincia do delta do Mississippi.

A comezos dos anos 20, era unha música coñecida e mal imitada en todos os EEUU. Dez anos máis tarde, non só conquistara a unha audiencia considerable en Norteamérica , senón que tamén podían acharse músicos de jazz nas principais capitais europeas. En 1940 era unha música recoñecida e apreciada en todo o mundo, e cara a 1960 xa era indiscutible para os intelectuais brancos e de formación universitaria, o seu carácter de arte.

Con todo, o jazz, non é nin foi xamais unha música popular, na acepción máis usual do termo, en ningún momento, nin sequera na propia Norteamérica, Con todo, de tanto en tanto algúns temas de jazz se se converteron en éxitos populares.

- Publicidade -spot_img