spot_img
InicioVal MiñorNigránO Auditorio de Nigrán acolle a proxección do documental 'Diario de un...

O Auditorio de Nigrán acolle a proxección do documental ‘Diario de un Camino’

DIARIO_CAMINOO Documental narra como unha parella con diversidade funcional realiza o Camiño de Santiago dende Roncesvalles coa axuda do policia local Javier Pitillas

O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acolle este venres 17 ás 20.30 horas a proxección do documental ‘Diario de un Camino”, audiovisual que narra a peregrinaxe ata Santiago dunha parella con diversidade funcional acompañada polo policía local de Vigo Javier Pitillas. Ata agora, a peza so se proxectou en Vigo e Ourense e na súa estrea en Nigrán contará coa presenza dos seus protagonistas e de Pitillas (Premio ao Mérito Civil, Vigués Distinguido, Medalla Castelao e cabeza visible de DisCamino, proxecto que  naceu precisamente para axudar a estas persoas a peregrinar a Santiago). Tamén asistirá Marcela, unha nena de Guatemala que chega mañá cos seus pais e un irmán para facer o Camiño con DisCamino nunha Joelette.

a-natureza-e-de-todos-e-cada-vez-mais-para-todos
Na foto a cadeira de rodas “Joelette”

Producida e dirixida por Víctor Bello no verán de 2015 (productora Beloke), trátase dunha historia chea de superación, de ganas de vivir e de amor. Diana Comesaña ten parálise cerebral e non pode camiñar e David Gil padece distrofia muscular dexenerativa que diminúe as súas capacidades físicas impedíndolle falar ou comer pola súa conta. Son parella e grazas a Pitillas animáronse a disfrutar dunha lúa de mel facendo o camiño entre Roncesvalles e Santiago. O documental achega á sociedade as dificultades ás que se enfrenta este segmento da poboación ao tempo que a sensibiliza. Por outra banda, amosa un amor diferente ao que estamos acostumados a ver, un amor incondicional e desinteresado entre dúas persoas con capacidades distintas.

- Publicidade -spot_img