spot_img
InicioPontevedra e ÁreaMais de 125 alumnos e alumnas reciben o diploma de Técnicos e...

Mais de 125 alumnos e alumnas reciben o diploma de Técnicos e Directivos Deportivos da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra fixo entrega o 18 de febreiro dos diplomas do  III Curso de Formación Continua para Técnicos e Directivos de Entidades Deportivas, no que participaron 128 alumnos e alumnas, dos cales 75 eran técnicos e 53, directivos.

O curso ten por obxectivo proporcionar a monitores, xestores e traballadores dos clubs deportivos da provincia unha formación sólida, tanto en materia de dirección e xestión como en planificación do adestramento deportivo.  A formación desenvolveuse nas cidades de Pontevedra e Vigo e constou de 12 horas teóricas distribuídas en dúas xornadas e mais un traballo práctico non presencial de 8 horas. En total, celebráronse catro cursos dirixidos a técnicos e técnicas e outros dous cursos para directivos e directivas.

O acto de entrega de diplomas tivo lugar no salón de plenos do Pazo Provincial e nel participaron a deputada de Deportes, Chelo Besada, a deputada delegada da área de Cohesión social e mocidade, Digna Rivas, e un representante de Sportis Formación Deportiva, a entidade que impartiu o curso.

comillasA deputada de Deportes, Chelo Besada, anunciou a convocatoria de novos cursos de formación para xestores de entidades deportivas

Durante a súa intervención, Chelo Besada destacou a importancia de investir na formación de técnicos e directivos de entidades deportivas, dende monitores de escolas de base a adestradores de equipos de alto nivel, dada a excelente labor que desempeñan a diario con miles de deportistas. Ademais, sinalou que o programa de formación, que cumpriu xa tres anos, terá continuidade neste 2016 cunha nova convocatoria que incluirá novas materias e contidos.

Os cursos para xestores deportivos da Deputación de Pontevedra foron impartidos por profesores de recoñecido prestixio e cunha ampla experiencia profesional. A convocatoria gozou dunha excelente acollida entre as entidades deportivas da provincia. Só no 2015, rexistráronse máis de 200 solicitudes.

- Publicidade -spot_img