spot_img
InicioVal MiñorBaionaMáis de 700 escolares parrticiparán na XIX edición do Cross Escolar do...

Máis de 700 escolares parrticiparán na XIX edición do Cross Escolar do Val Miñor

mais-700-escolares-parrticiparan-na-xix-edicion-do-cros-escolar-do-val-minorO salón de plenos do Concello de Baiona acolleu a presentación da XIX Edición do Cross Escolar do Val Miñor.
Celebrarase o vindeiro domingo día 17 de decembro, destacando por unha proba de carácter oficial e clasificatoria para o Cross Escolar Provincial. O cros está organizado pola Dirección Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Deportes do Concello de Baiona.
Será no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabarís, a partir das 10:45 horas. As distancias e percorridos a lograr polos atletas diferéncianse por categorías contando o Cros coas seguintes; Chupetes, PRE – Benjamines, Benjamines, Alevíns, Infantís e Cadetes tanto nas categorías masculinas como femininas. A Concellería de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona continua así, a súa programación deportiva do Deporte en idade Escolar, e desde a presente, quere realizar un chamamento a todos os pais e nenos para que se animen e participen nesta nova edición do cros escolar.
A organización entregará a todos os seus participantes produtos Coca Cola e rosquillas Cristaleiro. Ademais, conta coa colaboración de protección Civil Val Miñor, pena Moteiros Val Miñor, Cámping Bayona Praya e as concellerías de Medio Ambiente, Vías e Obras e Electricidade do Concello de Baiona para albergar unha auténtica festa do deporte para todos os escolares do Val Miñor e a área metropolitana.mais-700-escolares-parrticiparan-na-xix-edicion-do-cros-escolar-do-val-minor
 Máis de 700 escolares do Val Miñor, pendente de pechar a inscrición, así como de Vigo e da súa área metropolitana, participarán na competición. “É un cros familiar, unha festa e un referente para o cross escolar, porque poden participar todos os nenos acompañados polos seus familiares”, declarou Benavides. “Para Baiona é un pracer acoller unha nova edición do cross escolar na que participan tantos escolares. É importante que os máis pequenos practiquen deporte e esta proba é unha oportunidade magnífica para que entren en contacto con el”, sinalou o alcalde de Baiona, Ángel Rodal.
- Publicidade -spot_img