spot_img
InicioVal MiñorNigránO investigador do CSIC Serafín González falará en Nigrán da problemática dos...

O investigador do CSIC Serafín González falará en Nigrán da problemática dos incendios

choiva-despois-dos-incendios-medidas-urxentes-evitar-contaminacion-da-augaO Concello de Nigrán, a través do proxecto de divulgación Cidade Ciencia impulsado polo CSIC e a Obra Social ‘La Caixa’ ao que se adheriu o municipio, ofrece este venres ás 19:30 horas no Auditorio Municipal a charla ‘Incendios forestais: a marea negra dos montes galegos‘, a cargo de Serafín Gonzalez, investigador do Instituto de Investigacións Agrobiológicas de Galicia (IIAG) do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

González é autor de 62 artigos en revistas científicas, dos cales 23 están centrados nos incendios forestais e os seus efectos nos chans. O obxectivo é abordar esta problemática desde unha perspectiva o máis ampla posible. Por unha banda falará da magnitude e as causas do problema, e por outro das consecuencias, tanto directas como indirectas, que supoñen os incendios. Paralelamente, analizará os impactos sobre o medio que produce a súa extinción e das posibilidades de rexeneración natural dos ecosistemas, ademais das posibles actuacións post-incendio.

Juan González, alcalde de Nigrán:“O Concello de Nigrán sufriu especialmente a onda incendiaria do día 15 que custou a vida a dúas veciñas de Chandebrito e que calcinou unha porcentaxe elevadísimo da nosa masa forestal. Agora, máis que nunca, necesitamos o asesoramento de investigadores especializados, por iso a presenza de Serafín González é importantísima” .

- Publicidade -spot_img