spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoA Deputación iniciará en abril os traballos arqueolóxicos no xacemento de Monte...

A Deputación iniciará en abril os traballos arqueolóxicos no xacemento de Monte do Facho en Cangas

deputacion-iniciara-abril-os-traballos-arqueoloxicos-no-xacemento-monte-do-facho-cangasA Deputación de Pontevedra iniciará no próximo mes de abril as actuacións arqueolóxicas no Monte do Facho en Cangas, enmarcadas no Protocolo asinado entre a institución provincial e o Ministerio de Fomento, destinadas á consolidación, restauración, escavacións de apoio e limpeza, tarefas todas elas previas o desenvolvemento do proxecto de musealización do Ministerio.

Arqueólogos e técnicos da Deputación, nunha reunión informativa mantida hoxe co alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e o Presidente da Comunidade de Montes de Hío, confirmaron que xa se está a elaborar o proxecto de intervención, que terá que ser aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia,  e que a duración estimada do traballo arqueolóxico no xacemento do Facho será de seis meses

A intervención, para limpar, consolidar, restauras e escavar o xacemento, terá unha duración de seis meses e creará unha zona a visitar de más de 1500 metros cadrados

Esta nova intervención arqueolóxica concluirá os traballos nas zonas xa escrutadas durante campañas anteriores e restaurará e consolidará más de 30 estruturas. Ademais preténdese intervir sobre algunhas zonas nas cales non se escavou toda a súa superficie en actuacións pasadas. O obxectivo final é a creación dunha zona a visitar para o seu aproveitamento turístico de máis de 1500 metros cadrados.

Deputación de Pontevedra e Concello de Cangas colaborarán na promoción e difusión da intervención ademais de organizar visitas guiadas ao público en xeral e visitas de colexios para que poidan seguir os traballos no xacemento. Amais, está prevista a realización de conferencias sobre temática arqueolóxica na zona.Final del formulario

MONTE DO FACHO

O Facho de Donón es un punto singular del litoral gallego al concentrar diversos valores patrimoniales y paisajísticos. Localizado en la Costa da Vela, posee una fantástica perspectiva de las islas Cíes y Ons y amplias vistas sobre las bocanas de las rías de Pontevedra y Vigo.deputacion-iniciara-abril-os-traballos-arqueoloxicos-no-xacemento-monte-do-facho-cangas

Hito paisajístico, sobresale por su morfología y concentra un rico legado patrimonial destacando el facho o faro, pequeña construcción del siglo XVII que pudo ser también puesto de vigilancia. Antiguo santuario romano, su posición estratégica significó diversas ocupaciones, incluyendo un poblado castrexo.

Fotos: Castro, propiedade da Deputación de Pontevedra  – Faro, propiedade de Turgalica 

- Publicidade -spot_img