spot_img
InicioVigo e áreaVigoZona Franca inviste 75 millóns de euros no Plan de Tranformación do...

Zona Franca inviste 75 millóns de euros no Plan de Tranformación do Polígono de Balaídos

Zona-Franca-inviste-75-millóns-euros-Plan-Tranformación-Polígono-Balaídos

A Delegada da Zona Franca de Vigo Teresa Pedrosa visitou a obra realizada en compañía do director do centro de Vigo de PSA Peugeot-Citroën Yann Martin

“Coa construción da Nave H terminaremos a primeira fase do plan de transformación do polígono de Balaídos. Un plan de renovación no que o Consorcio realiza o seu maior esforzo investidor con máis de 75 millóns de euros. Unha acción que consideramos fundamental porque da competitividade deste polígono depende todo o sector de automoción de Galicia” declarou Teresa Pedrosa durante a visita de obra realizada en compañía do director do centro de Vigo de PSA Peugeot-Citroën. Yann Martin, pola súa banda, resaltou a optimización da loxística que para a planta de Vigo supón esta gran nave que aloxará tamén en plantas superiores 1.200 prazas de aparcadoiro.

Como explicou o director das obras do Consorcio, José Ramón Torres, a construción desta nave durará un ano escaso e neste tempo dará emprego a aproximadamente a 500 traballadores xa que é unha obra de grandes magnitudes cunha superficie de máis de 42.000 m2 construídos, distribuídos en tres plantas. A planta baixa estará destinada a nave loxística e plantas primeira e segunda serán un aparcadoiro para coches e motos. Para mellorar a integración urbana, esta nave terá axardinadas as fachadas que dan á avenida de Citroën.

O orzamento base de licitación desta obra ascendeu a 19.040.000 – (IVE non incluído) e foi adxudicada á UTE Nave H (integrada polas empresas Avan Integral, S.L., Hidromiño, S.L. e C.D. Indepo, S.L.) por un importe de 15.291.024 – (IVE non incluído) cun prazo de execución de 1 ano.

Con este investimento, para a que se tivo que pedir autorización ao Consello de Ministros, o Consorcio continúa as súas actuacións de mellora do Polígono de Balaídos, un polígono que entrou en funcionamento no ano 1957 e para o que o Consorcio estableceu un plan de modernización que culminará en 2017.

Nos dous últimos anos de 2014 e 2015, o Consorcio xa realizou as seguintes actuacións de construción de naves e mellora de infraestruturas no Polígono: Nave G cunha superficie de 12.529 m2, Nave S Fase I cunha superficie de 2.569 m2, Nave S Fase II cunha superficie de 2.409 m2, Nave MHF cunha superficie de 1.966 m2, Portería Sur cunha superficie de 451 m2, mellora do acceso Sur e mellora do Acceso Oeste.

Zona-Franca-inviste-75-millóns-euros-Plan-Tranformación-Polígono-Balaídos

 

O investimento total xa realizada ascende a máis de doce millóns de euros, cifra á que hai que sumar o novo investimento de máis de 15 millóns de euros na construción da nave H e as previstas para a construción doutras naves o que en total elevan a cifra deste capítulo dos orzamentos do Consorcio a case 40 millóns de euros.

Para aumentar a competitividade das empresas instaladas e poder reducir os seus gastos correntes, ás construcións descritas hai que engadir o plan de mellora da eficiencia enerxética do Polígono de Balaídos, plan que xa recibiu o “Premio Galicia de enerxía” e que en obras e subministracións ascende a un total e investimento de de 15 millóns de euros. Este plan achega tamén á cidade o beneficio de que parte das súas novas acometidas eléctricas e a nova subestación servirán para levar a alta tensión á nova depuradora do Lagares.

Por outra banda, o Consorcio da Zona Franca de Vigo comprometeuse a executar a ampliación do Polígono Industrial mediante un convenio asinado co Concello de Vigo. Por este convenio o Concello debe redactar o correspondente plan parcial e asumir os usos terciarios de todo o ámbito para desenvolver e o Consorcio asumir os custos totais do desenvolvemento do chan industrial resultante para o que se conta cun orzamento de 20.000.000 de euros.
PLAN DE TRANSFORMACIÓN DO POLÍGONO DE BALAÍDOS

INVESTIMENTO TOTAL: 75.086.103 ?

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.