spot_img
InicioVigo e áreaVigoZona Franca entrega os seus Premios Ardán a doce empresas galegas e...

Zona Franca entrega os seus Premios Ardán a doce empresas galegas e ao exministro Salvador Illa

Zona Franca entrega os seus Premios Ardán a doce empresas galegas e ao exministro Salvador Illa
Cerimonia Premiois Ardán 2019. Foto cortesía Zona Franca

A cerimonia contará con Antonio Garrigues Walker como conferenciante e celébrase o mércores 20 a partir das 18 horas no Centro Social Afundación, tras a suspensión polo loito por mor do naufraxio

O Consorcio da Zona Franca de Vigo retoma a cerimonia de entrega dos Premios Ardán, tras a suspensión polo loito  por mor do tráxico naufraxio de “Villa de Pitanxo”. O vindeiro mércores día 20 entregará os galardóns á excelencia empresarial a 12 empresas galegas que obtiveron seis, cinco ou catro indicadores, e ao exministro de Sanidade Salvador Illa, pola súa excelencia á fronte dunha carteira crave do Goberno de España durante a pandemia. A cerimonia contará coa conferencia de Antonio Garrigues Walker, titulada “Novo paradigma económico”.

Revista COUSAS DE Nº13

O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, mostrouse “satisfeito por poder retomar uns galardóns que son moi valorados polas empresas, porque son o recoñecemento ao traballo ben feito e froito dos datos obxectivos que as propias compañías reflicten nas súas contas de resultados e nas enquisas que cada ano enviámoslles desde o servizo Ardán”. Engadiu ademais que “Zona Franca entrega o Premio Ardán 2022 ao exministro de Sanidade Salvador Illa, porque as súas decisións á fronte do ministerio foron fundamentais en momentos moi críticos e serviron para salvar vidas, clave para manter o emprego, a industria e a economía”.

Os Premios Ardán 2022 teñen varias novidades, como que se fará entrega por primeira vez dun galardón a unha persoa, neste caso Salvador Illa, e que terán a súa propia figura, que Zona Franca de Vigo encargou ao escultor José Molares. Ademais hai un novo indicador que mide a capacidade das empresas para xestionar o talento.

Sobre a figura, que pesa cinco quilos, o escultor vigués José Molares optou por un deseño das letras ZF en aceiro inoxidable con pulido a man mediante discos de distinto gran que ofrecen un acabado espello.

Indicadores Ardán

O Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través do seu Servizo de Información Empresarial Ardán elabora desde 1995 os indicadores de Boas Prácticas Empresariais. Esta liña de traballo desenvólvese baixo o amparo da Cátedra Ardán da Universidade de Vigo e ten como obxectivo identificar e poñer en valor a excelencia empresarial en Galicia.

Obteñen o Indicador Ardán aquelas empresas que superan os restritivos valores esixidos nas cocientes ou nos índices sintéticos utilizados para a medición. Estas compañías demostran competencias diferenciais na xeración de vantaxes competitivas, o que as converte en referentes na economía de Galicia. Hai 10 indicadores:

-Empresa de Alto rendemento.

– Empresa Ben Xestionada.

– Empresa Gacela.

– Empresa Xeradora de Riqueza.

– Empresa de Alta Produtividade.

-Empresa Global.

– Empresa Innovadora.

– Empresa Circular.

– Empresa Igual en Xénero.

– Xestión do Talento.

Precisamente, hai só uns meses o Ministerio de Facenda e Función Pública outorgou o Premio á Innovación na Xestión Pública a Zona Franca polos indicadores Ardán, co obxectivo de identificar e divulgar as boas prácticas empresariais de Galicia.

Conseguir un indicador Ardán non é fácil. Das 33.750 empresas analizadas soamente o 5% conseguiu 1 ou máis indicadores.

No ano 2021, 1.625 empresas galegas foron merecedoras dalgún indicador, o 5% do total de compañías galegas dispoñibles no Servizo de información Ardán (33.750 sociedades), que supoñen o 37% dos Ingresos de Explotación e o 53% do Valor engadido Bruto da economía galega, o que dá conta da súa importancia no tecido empresarial de Galicia.

Por provincias, constátase que a maioría se concentra nas da Coruña e Pontevedra, que conxuntamente aglutinan máis do 80% do total, 678 empresas na Coruña e 676 en Pontevedra.

Empresas Premios Ardán 2021

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.