Inicio Galicia Compostela XXIV Festa da Solidariedade - 25 anos de Proxecto Home en Galicia

XXIV Festa da Solidariedade – 25 anos de Proxecto Home en Galicia

XXIV-Festa-Solidariedade-25-anos-Proxecto-Home-Galicia

Unhas 2.000 persoas participaron este sábado na Festa da Solidariedade coa que Proxecto Home Galicia celebrou os seus 25 anos de historia, ao longo dos cales unhas 38.000 persoas incorporáronse aos seus procesos terapéuticos.

As actividades arrincaron cunha concentración de todos os participantes no Monte do Gozo, desde onde iniciaron unha peregrinación ata a Praza do Obradoiro e á que se sumaron autoridades como o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ou o portavoz do PP en Santiago, Agustín Hernández.

Á súa chegada ao Obradoio, todos eles foron recibidos polo alcalde Martiño Noriega, quen deu paso a un emotivo acto que incluíu a solta de pombas para celebrar o 25 aniversario desta entidade.

Esta é unha xornada para a esperanza, pero tamén celebrar que seguimos sendo un instrumento de porta aberta a tantos mozos e familias que, polas razóns que sexan, atópanse atrapados no túnel das súas adiccións”, destacou o director de Proxecto Home, Ramón Gómez Crespo, antes de lembrar que, ao longo destes 25 anos, máis de 38.000 persoas foron atendidas na entidade.

Unha vez finalizado o acto na Praza do Obradoiro, os presentes dirixíronse á Catedral para asistir ás 12,00 horas á misa do Peregrino. Posteriormente, celebrouse unha comida compartida no Multiusos Fontes do Sar que reuniu a máis de 2.000 persoas.

A proxección de vídeos conmemorativos do XXV aniversario da entidade e as actuacions musicais de Sonia Lebedynski entre outras completaron o programa desta festa que busca reunir a todalas persoas e colectivos que forman parte de Proxecto Home Galicia.

Fonte: Novas de Proxecto Home

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies