Dentro das XXI Xornadas de exaltación da Centola do Grove o pasado xoves o hotel Isla da Toxa acolleu unha cata maridaxe
No acto estiveron presentes o presidente de Emgrobes, José Besada, a diputada provincial, Nava Castro, o delegado territorial, Agustín Reguera e o alcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos.
As XXI Xornadas de Exaltación da Centola do Grove, organizadas por Emgrobes, seguen levando a cabo o programa de promoción e dinamización da economía local cunha cata maridaxe que se realizou no hotel Isla, na Toxa, e que unha vez máis contou co apoio de administracións, dos empresarios, a Confraría de pescadores e do centolo Larpeiro e dos bodegueros.
DATOS SOBRE TURISMO
A deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro, deu os parabéns á asociación porque “o produto estrela do mar do Grove merecía unas xornadas propias, e así queda demostrado nos 21 anos de vida desta iniciativa”. Ademais, tamén asegurou que estas xornadas, que se estenden durante máis dun mes, amosan que “sobra iniciativa por parte dos hostaleiros e sobran motivos para achegarse ao Grove en calquera momento do ano”.
Nava Castro aproveitou a ocasión para lembrar que o turismo terá un 2% máis de recursos no próximo orzamento provincial, ata os 5,6 millóns de euros, cun importante incremento “do 80% para as axudas á organización de actividades turísticas, pasando de 100.000 a 180.000 euros”.