Inicio Galicia A Xunta pon en valor a cultura popular galega a través dun...

A Xunta pon en valor a cultura popular galega a través dun campo de traballo destinado á xuventude galega e á mocidade da Galicia exterior

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, xunto co secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitaron o campo de traballo A esencia galega”, emprazado na localidade lucense de Portomarín e co que a Xunta de Galicia quere pór en valor a cultura popular galega.

A actividade está incluída na campaña O teu verán colle nunha mochila e nela están a participar 30 mozos e mozas galegos e da Galicia exterior, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.

Neste contexto, Cecilia Vázquez sinalou a importancia que ten recordar e por en valor a nosa historia ao tempo que lembraba que con esta actividade, os participantes recuperaron tradicións e acontecementos da vida no rural galego dos nosos antepasados para, posteriormente, teatralizalas e gravalas, e así máis adiante difundir este material audiovisual nos centros galegos no exterior e nas residencias de maiores do noso contorno.

A directora xeral de Xuventude aproveitou a súa estadía en Portomarín para lembrar o remate da campaña de verán. “Unha campaña – sinalaba – na que chegamos a máis xente, 526 mozos e mozas máis que o ano anterior; máis inclusiva e participativa e que hoxe remata sen incidencias salientables”. E, ao fío, lembraba que o investimento destinado polo Goberno galego a esta actividade ascendeu a 2,9 millóns de euros.

Pola súa banda, Antonio Rodríguez Miranda salientou o feito de que a convivencia entre a mocidade galega residente no estranxeiro e no propio territorio “constrúe novas pontes persoais de comunicación, que se engaden as ligazóns familiares e culturais que as e os rapaces da diáspora teñen con Galicia, e que fan que, malia a distancia, se sintan tan galegos coma calquera de nós”, asegurou Miranda.

‘O teu verán colle nunha mochila’

A Campaña de Verán 2017 estruturouse en seis eixes: os campamentos para menores de 18 anos, campamentos noutras comunidades autónomas, as actividades para maiores de 18 anos, a oferta concertada, os campos de traballo e a programación para mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior. O maior investimento económico na iniciativa permitiu incrementar o número de prazas, abarcando deste xeito a máis interesados.

Así, os campamentos organizados nas instalacións xuvenís galegas para mozos e mozas entre nove e 17 anos ofertaron 6.400 prazas, aumentando un 3% con respecto á convocatoria do verán pasado e un 20% en relación a do ano 2015. A natureza, o deporte, o voluntariado foros as principais actividades realizadas nestes campamentos.

En canto a campamentos noutras comunidades autónomas, a Xunta puxo a disposición dos interesados 298 prazas, 90 máis que en 2016, o que supuxo un incremento do 40%. Ademais a oferta deste verán incluíu a País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid e, como novidade, Cantabria.

Os campos de traballo estiveron encamiñados a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno a través de actividades levadas a cabo en todas as rexións de España e noutros países como Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Corea do Sur ou Xapón. Nestes campos ofrecéuselles aos mozos e mozas unha alternativa de lecer e tempo libre baseada no intercambio de coñecementos e culturas, na práctica de deportes e na visita a lugares de interese turístico, histórico ou cultural. A oferta de prazas dos 28 campos de traballo situados en Galicia medrou un 25% nas últimas dúas convocatorias, ata acadar un total de 598. A estas prazas hai que sumar as 298 que se ofertaron en campos no estranxeiro e noutras comunidades autónomas.

Así mesmo, a Xunta mantivo o número de prazas reservadas para descendentes de galegos residentes no exterior, cun total de 230 ao abeiro do programa Conecta con Galicia que organizou a Secretaría Xeral de Emigración e que tivo como principais actividades Cultura e Camiño O mar de Galicia.

A programación dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas entre 18 e 30 anos mantívose intacta neste 2017 ao continuar ofertando as 240 prazas que xa se puxeron a disposición na convocatoria de 2016.

E, por último, a oferta en prazas concertadas aumentou de maneira considerable, 295 máis que na anterior campaña de verán ata alcanzar un total de 1.195, o que supuxo unha subida do 33%.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies