spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaXunta e concellos do Camiño Portugués da Costa traballan na folla de...

Xunta e concellos do Camiño Portugués da Costa traballan na folla de ruta dos vindeiros anos nun dos itinerarios xacobeos que medran con máis intensidade

xunta-e-concello-do-camino-portugues-da-costa-traballan-na-folla-de-ruta-dos-vindeiros-anos-nun-dos-itinerarios-xacobeos-que-medran-con-mais-intensidadeO director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e os delegados territoriais da Xunta en Vigo e Pontevedra, Ana Ortiz e Agustín Reguera, participaron nunha xornada de traballo con representantes dos municipios do Camiño Portugués da Costa para abordar as necesidades deste itinerario para poder marcar a folla de ruta dos vindeiros anos no que é un dos itinerarios xacobeos que está a medrar con máis intensidade.

Revista Cousas de Nº23

No encontro abordouse o crecemento que está a alcanzar este itinerario que percorreron máis de 66.000 peregrinos e que está a medrar a un ritmo de máis do 40%. Tamén se abordou a importancia da súa internacionalización xa que o 80% dos peregrinos que realizan este itinerario son estranxeiros, especialmente de Alemaña, EEUU, Italia, Portugal ou Polonia. Recordouse tamén algunhas medidas que están a permitir mellorar a capacidade aloxativa da ruta, como a posta en marcha do albergue de Vigo, incluído na Rede Pública de Albergues do Xacobeo, que no que vai de ano recibiu máis de 9.700 peregrinos, 200 máis que nas mesmas datas o ano pasado. Ou o de Redondela que recibiu máis de 7.200, cun incremento tamén de 200 peregrinos.

Tamén se recordou o apoio da Xunta de Galicia para mellorar e reforzar o patrimonio deste itinerario coa liña de axudas específica para proxectos no Camiño de Santiago por máis de 5 millóns de euros, do que foron beneficiarias iniciativas como o futuro hotel e restaurante do Mosteiro de Oia, ou tamén o restaurante e hotel nos faros grande e pequeno de Cabo Silleiro, así como un establecemento de aloxamento turístico na cidade de Vigo.

A reunión serviu, ademais, para analizar os traballos de conservación que se levan realizando nos distintos tramos deste itinerario xacobeo que, desde a súa oficialización supuxo un investimento de máis de 1,6M€.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.